Diferenzas entre revisións de "A calidade en eTwinning"
De Formación - eTwinning Galicia
Liña 9: | Liña 9: | ||
Os cinco criterios de calidade en eTwinning son os seguintes: | Os cinco criterios de calidade en eTwinning son os seguintes: | ||
+ | |||
+ | * Innovación pedagóxica e creatividade. | ||
+ | * Integración curricular. | ||
+ | * Colaboración entre centros escolares asociados. | ||
+ | * Uso da tecnoloxía. | ||
+ | * Resultados, impacto e documentación. |
Revisión como estaba o 19 de agosto de 2021 ás 19:54
A calidade en eTwinning
Unha vez que decidimos desenvolver un proxecto eTwinning, está ben que, xa desde a fase inicial de planificación do mesmo, pensemos en como desenvolvelo conforme aos criterios de calidade.
Cando o noso proxecto estea na súa fase final, poderemos pensar en solicitar un primeiro recoñecemento, o Selo de Calidade Nacional. Neste caso, o noso proxecto vai ser avaliado seguindo unha grella que recolle cinco criterios de calidade. Esta forma de avaliación é común a todos os países participantes en eTwinning. Por tanto, é algo que podemos comentar cos nosos socios e socias xa desde as primeiras conversacións que teñamos para poñer en marcha o noso proxecto.
Os cinco criterios de calidade en eTwinning son os seguintes:
- Innovación pedagóxica e creatividade.
- Integración curricular.
- Colaboración entre centros escolares asociados.
- Uso da tecnoloxía.
- Resultados, impacto e documentación.