A calidade en eTwinning
De Formación - eTwinning Galicia
Revisión feita o 19 de agosto de 2021 ás 20:04 por Carmen (Conversa | contribucións)
Introdución
Unha vez que decidimos desenvolver un proxecto eTwinning, está ben que, xa desde a fase inicial de planificación do mesmo, pensemos en como desenvolvelo conforme aos criterios de calidade.
Cando o noso proxecto estea na súa fase final, poderemos pensar en solicitar un primeiro recoñecemento, o Selo de Calidade Nacional. Neste caso, o noso proxecto vai ser avaliado seguindo unha grella que recolle cinco criterios de calidade. Esta forma de avaliación é común a todos os países participantes en eTwinning. Por tanto, é algo que podemos comentar cos nosos socios e socias xa desde as primeiras conversacións que teñamos para poñer en marcha o noso proxecto.
Os cinco criterios de calidade en eTwinning son os seguintes:
- Innovación pedagóxica e creatividade.
- Integración curricular.
- Colaboración entre centros escolares asociados.
- Uso da tecnoloxía.
- Resultados, impacto e documentación.