Diferenzas entre revisións de "Aprendizaxe baseada en proxectos"

De Formación - eTwinning Galicia
m
m
Liña 26: Liña 26:
  
 
   
 
   
 
+
[[Ficheiro:Unterricht.jpg]]
 
Demostración dunha actividade de clase seguindo a aprendizaxe baseada en proxectos, Jens Rötzsch, CC BY-SA 3.0
 
Demostración dunha actividade de clase seguindo a aprendizaxe baseada en proxectos, Jens Rötzsch, CC BY-SA 3.0
  

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2019 ás 12:29


Introdución

eTwinning é unha ferramenta para facilitar a inclusión na aula de metodoloxías innovadoras. Calquera participante pode usar esa ferramenta como considere conveniente e desenvolver con ela os enfoques que desexe experimentar. Con todo, algúns destes enfoques encaixan e aproveitan mellor as posibilidades que ofrece a plataforma. Cando se deseñan as funcionalidades e as ferramentas, cando se planifica o asesoramento a docentes ou cando se destacan algúns proxectos, estas metodoloxías están presentes. Entre elas, debemos destacar a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) e como veremos, prestaremos unha especial atención á colaboración entre alumnos de distintos centros.

A ABP (ou PBL, Project Based Learning) converteuse nunha das metodoloxías activas máis eficaces e estendidas no noso sistema educativo. Na metodoloxía ABP o alumnado leva a cabo un proceso de investigación e creación que culmina coa resposta a unha pregunta, a resolución dun problema ou a creación dun produto. Os proxectos deben planearse, deseñarse e levar a cabo co fin de que o alumnado poida incorporar de xeito real, os contidos e estándares de aprendizaxe establecidos pola lexislación educativa. A implementación da ABP permite que se poidan deseñar os temas e itinerarios de aprendizaxe con maior liberdade, de forma que o produto final xa non é o único importante senón que tamén son relevantes o proceso de aprendizaxe, a profundización e o desenvolvemento das competencias clave.


Apartado 1

A Aprendizaxe Baseada en Proxectos debe incluír competencias e habilidades do século XXI para o alumnado:

  • Colaboración: os alumnos necesitarán tempos de traballo establecidos e guiados até que sexan capaces de levar a cabo as tarefas pola súa conta. Para iso será necesario facilitarlles estratexias para a colaboración e a cooperación:
    • Uso de roles.
    • Uso de diarios de traballo.
    • Traballo por obxectivos intermedios.
    • Dinámicas da aprendizaxe cooperativa.
  • Comunicación: Saber comunicar que se quere, como se quere e cando se quere son aspectos fundamentais para que se produza unha boa colaboración. Para iso é necesario que os alumnos dispoñan de tempo organizado para realizar postas en común, formulación e resolución de dúbidas e avaliación do seu propio traballo.
  • Pensamento Crítico: Os proxectos deben desenvolver a capacidade de pensar no alumnado. Ademais, a análise de información, a toma de decisións e a defensa de posicións opostas, son estratexias que desenvolverán os alumnos no proceso de traballo. Para conseguilo, o profesorado terá que guiar coidadosamente a oferta de estratexias e ferramentas. As rutinas de pensamento son estratexias cognitivas, que consisten en preguntas ou organizadores gráficos sinxelos que promoven o desenvolvemento e a estruturación do pensamento nos alumnos. Foron desenvolvidas por investigadores da Universidade de Harvard dentro do Proxecto Zero (2008).
  • Novas tecnoloxías: Aínda que, como norma xeral, non teñamos por que considerar a tecnoloxía como algo fundamental e imprescindible, si é certo que abre as nosas aulas ao mundo globalizado da información e a comunicación, e ofrécenos ferramentas para a investigación, a creación e a difusión do traballo. Un dos puntos importantes do seu uso é a facilidade de colaborar á hora de traballar en equipo. No caso de proxectos de colaboración internacional, onde a proximidade física non é posible, a tecnoloxía e as ferramentas de comunicación proporciónannos múltiples posibilidades de planificar, desenvolver e avaliar proxectos.


Unterricht.jpg Demostración dunha actividade de clase seguindo a aprendizaxe baseada en proxectos, Jens Rötzsch, CC BY-SA 3.0


A metodoloxía ABP non só supón a realización de meros traballos:

  • É necesario a creación e o deseño do escenario de aprendizaxe. Este escenario terá que parecerse o máis posible á realidade, unha realidade próxima ao alumno, xa que se busca unha aprendizaxe útil e vivencial.
  • Os docentes son guías do itinerario de aprendizaxe no proceso do proxecto e na reflexión sobre o mesmo. O acento non debe colocarse no produto final senón no como e no porqué se chegou até el.
  • A flexibilidade no deseño e creación do proxecto non é un “todo vale”. O itinerario creado ha de estar fundamentado, ser útil, ter sentido (especialmente para o alumnado) e estar integrado no currículo educativo e nas programacións.
  • O desenvolvemento da autonomía no alumnado debe apoiarse na axuda do profesorado, que actúa como facilitador de ferramentas, guías, obxectivos, preguntas e respostas que leven o alumnado ao éxito.



Apartado 2

Máis información

Fontes


Licenza

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0