Diferenzas entre revisións de "Aprendizaxe baseada en proxectos"

De Formación - eTwinning Galicia
m
m (Os selos de calidade)
Liña 83: Liña 83:
  
 
== Os selos de calidade ==
 
== Os selos de calidade ==
 +
 +
Os Selos de Calidade eTwinning entréganse como recoñecemento ao traballo dos docentes en proxectos que alcanzaron uns niveis determinados de calidade. A calidade dun proxecto non se basea na súa complexidade, nin na súa duración, nin na sofisticación das ferramentas usadas. Hai proxectos de calidade de dous anos e outros de dous meses; con dous socios e con dez; con ferramentas novas e con ferramentas coñecidas e sinxelas. A calidade dun proxecto a marca a súa eficiencia educativa; é dicir, a pertinencia dos obxectivos pedagóxicos propostos e o seu nivel de consecución. Hai dous tipos de Selos de Calidade: Nacional e Europeo.
 +
 +
Fonte: www.etwinning.net
 +
 +
Selo de Calidade Nacional
 +
 +
O selo de Calidade Nacional é outorgado polo Servizo Nacional de Apoio. En España, poden ser solicitados e entregados ao longo de calquera momento do ano na maioría dos casos. Os proxectos que se presentan deben cumprir estes requisitos:
 +
 +
    Os obxectivos e o plan de traballo debe ser común a todos os socios do proxecto.
 +
 +
    O proxecto ten que estar terminado ou en vías de finalización.
 +
 +
    O/A docente solicitante do selo debe ter unha participación activa no proxecto.
 +
 +
    Debe detectarse un certo grao de colaboración entre socios; o mínimo é reaccionar aos resultados das actividades dos socios e documentalo.
 +
 +
    Deben facerse visibles os resultados do proxecto.
 +
 +
Unha vez que estes requisitos se cumpren, o proxecto é avaliado segundo os criterios explicados no anterior apartado.
 +
 +
    Innovación pedagóxica.
 +
 +
    Inclusión nos plans de estudos.
 +
 +
    Comunicación e interacción entre socios.
 +
 +
    Colaboración entre centros.
 +
 +
    Uso da tecnoloxía.
 +
 +
    Resultado, impacto e documentación.
 +
 +
A solicitude do Selo de Calidade faise no eTwinning Live, na sección Proxectos.
 +
 +
Imaxe tomada de eTwinning Live
 +
 +
 +
 +
Selo de Calidade Europeo
 +
 +
O Selo de Calidade Europeo é un segundo recoñecemento que se outorga de oficio se:
 +
 +
    polo menos dous socios recibiron o Selo de Calidade Nacional e
 +
 +
    foron propostos para o Selo de Calidade Europeo polo menos por un SNA.
 +
 +
Os Selos de Calidade nacionais e europeos permiten participar nas respectivas convocatorias de Premios.
 +
  
 
=== A rúbrica ===
 
=== A rúbrica ===
  
 +
Neste bloque imos analizar o seis criterios de avaliación para a consecución dos Selos de Calidade.
 +
 +
Estes criterios son comúns a todos os países participantes en eTwinning, pero cabe resaltar que os distintos Servizos Nacionais de Apoio poden puntualizalos e valoralos segundo criterio propio e dar prioridade a un ou outro dependendo da singularidade de cada país. Estes criterios pretenden ser unha guía para os docentes á hora de planificar os seus proxectos. A rúbrica que empregarás neste módulo para elaborar a túa idea de proxecto e a que será usada para avalialo, son versións simplificadas da que explicamos aquí.
 +
 +
A continuación, enlazaremos cunha serie de artigos nos que se explican os criterios da rúbrica de selo de calidade de proxectos eTwinning. En cada un deses artigos atoparás o texto íntegro da rúbrica, algunhas explicacións e ligazóns a proxectos que exemplifican boas prácticas neses apartados concretos.
 +
 +
Fonte: www.etwinning.es
 +
 +
1. Innovación pedagóxica e creatividade
 +
 +
2. Integración no plan de estudos
 +
 +
3. Comunicación e interacción entre centros socios
 +
 +
4. Colaboración entre centros escolares asociados
 +
 +
5. Uso da tecnoloxía
  
 +
6. Resultados, impacto e documentación
  
 
== Máis información ==
 
== Máis información ==

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2019 ás 18:24


Introdución

eTwinning é unha ferramenta para facilitar a inclusión na aula de metodoloxías innovadoras. Calquera participante pode usar esa ferramenta como considere conveniente e desenvolver con ela os enfoques que desexe experimentar. Con todo, algúns destes enfoques encaixan e aproveitan mellor as posibilidades que ofrece a plataforma. Cando se deseñan as funcionalidades e as ferramentas, cando se planifica o asesoramento a docentes ou cando se destacan algúns proxectos, estas metodoloxías están presentes. Entre elas, debemos destacar a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) e como veremos, prestaremos unha especial atención á colaboración entre alumnos de distintos centros.

A ABP (ou PBL, Project Based Learning) converteuse nunha das metodoloxías activas máis eficaces e estendidas no noso sistema educativo. Na metodoloxía ABP o alumnado leva a cabo un proceso de investigación e creación que culmina coa resposta a unha pregunta, a resolución dun problema ou a creación dun produto. Os proxectos deben planearse, deseñarse e levar a cabo co fin de que o alumnado poida incorporar de xeito real, os contidos e estándares de aprendizaxe establecidos pola lexislación educativa. A implementación da ABP permite que se poidan deseñar os temas e itinerarios de aprendizaxe con maior liberdade, de forma que o produto final xa non é o único importante senón que tamén son relevantes o proceso de aprendizaxe, a profundización e o desenvolvemento das competencias clave.


Fundamentos da APB

A Aprendizaxe Baseada en Proxectos debe incluír competencias e habilidades do século XXI para o alumnado:

  • Colaboración: os alumnos necesitarán tempos de traballo establecidos e guiados até que sexan capaces de levar a cabo as tarefas pola súa conta. Para iso será necesario facilitarlles estratexias para a colaboración e a cooperación:
    • Uso de roles.
    • Uso de diarios de traballo.
    • Traballo por obxectivos intermedios.
    • Dinámicas da aprendizaxe cooperativa.
  • Comunicación: Saber comunicar que se quere, como se quere e cando se quere son aspectos fundamentais para que se produza unha boa colaboración. Para iso é necesario que os alumnos dispoñan de tempo organizado para realizar postas en común, formulación e resolución de dúbidas e avaliación do seu propio traballo.
  • Pensamento Crítico: Os proxectos deben desenvolver a capacidade de pensar no alumnado. Ademais, a análise de información, a toma de decisións e a defensa de posicións opostas, son estratexias que desenvolverán os alumnos no proceso de traballo. Para conseguilo, o profesorado terá que guiar coidadosamente a oferta de estratexias e ferramentas. As rutinas de pensamento son estratexias cognitivas, que consisten en preguntas ou organizadores gráficos sinxelos que promoven o desenvolvemento e a estruturación do pensamento nos alumnos. Foron desenvolvidas por investigadores da Universidade de Harvard dentro do Proxecto Zero (2008).
  • Novas tecnoloxías: Aínda que, como norma xeral, non teñamos por que considerar a tecnoloxía como algo fundamental e imprescindible, si é certo que abre as nosas aulas ao mundo globalizado da información e a comunicación, e ofrécenos ferramentas para a investigación, a creación e a difusión do traballo. Un dos puntos importantes do seu uso é a facilidade de colaborar á hora de traballar en equipo. No caso de proxectos de colaboración internacional, onde a proximidade física non é posible, a tecnoloxía e as ferramentas de comunicación proporciónannos múltiples posibilidades de planificar, desenvolver e avaliar proxectos.


A metodoloxía ABP non só supón a realización de meros traballos:

Wikipedia/Jens Rötzsch
  • É necesario a creación e o deseño do escenario de aprendizaxe. Este escenario terá que parecerse o máis posible á realidade, unha realidade próxima ao alumno, xa que se busca unha aprendizaxe útil e vivencial.
  • Os docentes son guías do itinerario de aprendizaxe no proceso do proxecto e na reflexión sobre o mesmo. O acento non debe colocarse no produto final senón no como e no porqué se chegou até el.
  • A flexibilidade no deseño e creación do proxecto non é un “todo vale”. O itinerario creado ha de estar fundamentado, ser útil, ter sentido (especialmente para o alumnado) e estar integrado no currículo educativo e nas programacións.
  • O desenvolvemento da autonomía no alumnado debe apoiarse na axuda do profesorado, que actúa como facilitador de ferramentas, guías, obxectivos, preguntas e respostas que leven o alumnado ao éxito.



Primeiros pasos

Como se destacou no apartado anterior, o deseño dun proxecto e a súa implementación deben realizarse dunha forma estruturada e meticulosa que permita que o proceso de aprendizaxe estea centrado no protagonismo do alumnado coa guía do equipo docente.

A continuación, descríbense os primeiros pasos para deseñar un proxecto segundo a metodoloxía ABP, xa no contexto de eTwinning.

Aula Planeta: ABP en 10 pasos
  • O punto de partida é a elección do tema para o proxecto. O tema será o eixo principal de todo o proxecto e, por tanto, ten que ser realmente motivador. Pode ser elixido polo profesorado, polo alumnado ou por ambos e estará integramente relacionado co produto final que se decida crear como resultado do proxecto.
  • É preciso identificar todos os contidos, obxectivos e estándares de aprendizaxe do currículo que establece a lexislación educativa e que están en relación co tema de escollido. Aínda que a lexislación educativa presente estes apartados de forma illada en diferentes áreas de aprendizaxe, nos proxectos mestúranse converténdose en multidisciplinares ou transversais.
  • O seguinte paso é clarificar cal será a nosa meta, é dicir, cal será o produto ou produtos finais que queremos obter. Estes produtos teñen que relacionarse co tema do proxecto, coas competencias que o alumnado posúa e coas que queiramos desenvolver. É importante termos claro este punto, xa que será o noso guía ao longo do proxecto. Ten cabida calquera tipo de produto que consideremos, ben aqueles que usan as TIC, ben aqueles que recorren a outro tipo de materiais ou ideas (o feito de usarmos ferramentas TIC facilitará a posterior difusión do mesmo).
  • As competencias que queremos que o alumnado desenvolva mediante o proxecto están moi relacionadas co produto elixido, por tanto a decisión sobre as mesmas pode tomarse mesmo antes de definir o produto. A ABP fai que o alumnado aprenda mediante a acción (learning by doing), o cal supón que a adquisición de competencias sexa máis real e concreta que mediante outro tipo de metodoloxía.
Alicia López Palomera
  • Cando todos os alicerces anteriores estean completamente claros e fixados é cando se vai ser capaz de deseñar o itinerario de aprendizaxe. Para iso debemos traballar sobre estes tres puntos:
    • Agrupamento do alumnado: En función do tipo de tarefas que se vaian levar a cabo elixiremos unha forma de traballar ou outra. É importante o establecemento de roles e normas de traballo. Este punto aseguraranos que os alumnos teñan claras as súas responsabilidades e as súas funcións en cada momento.
    • Temporalización: Para un bo desenvolvemento e finalización do proxecto é necesario establecer períodos de realización das actividades, ofrecendo ao alumnado tempo para o diálogo e a discusión, para a creación, para a realización e a corrección. Tamén é imprescindible fixarmos datas para cada unha das fases ou tarefas, así como para a entrega e presentación do produto final. Cumprir os prazos fará que o traballo sexa máis frutífero.
    • Tarefas que se deben realizar: Na ABP o equipo docente convértese en guía e deseñador do itinerario de aprendizaxe, por tanto, debemos crear diferentes tarefas que promovan a investigación, a creatividade, a comunicación e a reflexión do alumnado. Estas tarefas terán como único obxectivo a aprendizaxe progresiva dos contidos establecidos e a realización do produto final. Se buscamos o desenvolvemento da autonomía do alumnado na súa aprendizaxe será necesario ofrecerlles ferramentas de axuda (titoriais, exemplos, rúbricas guía, etc.). Canto mellor estea explicada a actividade, maior será a autonomía do alumnado e maior a oportunidade de que o docente individualice o proceso de aprendizaxe. Á hora de elaborar e deseñar as tarefas eTwinning é necesario fomentarmos a colaboración entre estudantes de todos os centros que forman parte do proxecto.


Avaliación

Unha vez finalizado, chega un momento importante para calquera proxecto: a avaliación. Os contidos levan emparelladas competencias cuxa adquisición e consecución temos que avaliar.

A avaliación de todo o conxunto está en mans de todos os actores que participaron no proceso de aprendizaxe: alumnado e docentes, entre outros. Todos terán algo que achegar á avaliación. Para iso establecemos tres tipos de avaliación:

  • Heteroavaliación: É aquela que se produce desde o punto de vista do equipo docente, da persoa que deseñou o itinerario de aprendizaxe e pretende avaliar a consecución e adquisición dos obxectivos e das competencias expostas. O mellor instrumento para a realización desta avaliación será a rúbrica de avaliación, na cal, desde o principio do proceso, o docente móstralle ao alumno cales serán os aspectos que serán avaliados e cal ha de ser o resultado obtido en función do grao de consecución deses aspectos.
  • Coavaliación: É a avaliación realizada polos iguais, é dicir, polo alumnado. Normalmente froito desta avaliación, obteremos a visión do alumnado sobre os seus colegas e sobre o traballo en equipo, a cooperación e a colaboración.
  • Autoavaliación: É o punto de vista de cada estudante sobre o seu traballo, adquisición e consecución de competencias e obxectivos. Para iso poderemos utilizar a rúbrica de avaliación acompañada dalgún instrumento que lle permita expresar a súa propia avaliación e os motivos da mesma. En moitas ocasións este tipo de avaliación non só nos ofrecerá información acerca da súa visión das tarefas, o produto final e os seus logros senón acerca da súa autoestima e da percepción que ten sobre si mesmo.
Wikimedia\Anarebolledok

Este tipo de avaliación é utilizada para as tarefas e os produtos levados a cabo seguindo a metodoloxía ABP. Aínda que cando esta metodoloxía é aplicada no desenvolvemento dun proxecto eTwinning temos que engadir un tipo de avaliación que será a do propio proxecto. Nesta avaliación atoparanse implicados todos aqueles que formasen parte do proxecto dunha maneira ou outra (alumnado, docentes, familias, institucións ou asociacións, etc.).

É unha avaliación cualitativa e cuantitativa na que se trata de recoller o maior número de datos e opinións sobre o desenvolvemento do proxecto, a adecuación dos contidos, a colaboración e a cooperación levada a cabo entre o alumnado e entre os centros implicados.


A colaboración en eTwinning

Os selos de calidade

Os Selos de Calidade eTwinning entréganse como recoñecemento ao traballo dos docentes en proxectos que alcanzaron uns niveis determinados de calidade. A calidade dun proxecto non se basea na súa complexidade, nin na súa duración, nin na sofisticación das ferramentas usadas. Hai proxectos de calidade de dous anos e outros de dous meses; con dous socios e con dez; con ferramentas novas e con ferramentas coñecidas e sinxelas. A calidade dun proxecto a marca a súa eficiencia educativa; é dicir, a pertinencia dos obxectivos pedagóxicos propostos e o seu nivel de consecución. Hai dous tipos de Selos de Calidade: Nacional e Europeo.

Fonte: www.etwinning.net

Selo de Calidade Nacional

O selo de Calidade Nacional é outorgado polo Servizo Nacional de Apoio. En España, poden ser solicitados e entregados ao longo de calquera momento do ano na maioría dos casos. Os proxectos que se presentan deben cumprir estes requisitos:

   Os obxectivos e o plan de traballo debe ser común a todos os socios do proxecto.
   O proxecto ten que estar terminado ou en vías de finalización.
   O/A docente solicitante do selo debe ter unha participación activa no proxecto.
   Debe detectarse un certo grao de colaboración entre socios; o mínimo é reaccionar aos resultados das actividades dos socios e documentalo.
   Deben facerse visibles os resultados do proxecto.

Unha vez que estes requisitos se cumpren, o proxecto é avaliado segundo os criterios explicados no anterior apartado.

   Innovación pedagóxica.
   Inclusión nos plans de estudos.
   Comunicación e interacción entre socios.
   Colaboración entre centros.
   Uso da tecnoloxía.
   Resultado, impacto e documentación.

A solicitude do Selo de Calidade faise no eTwinning Live, na sección Proxectos.

Imaxe tomada de eTwinning Live


Selo de Calidade Europeo

O Selo de Calidade Europeo é un segundo recoñecemento que se outorga de oficio se:

   polo menos dous socios recibiron o Selo de Calidade Nacional e
   foron propostos para o Selo de Calidade Europeo polo menos por un SNA.

Os Selos de Calidade nacionais e europeos permiten participar nas respectivas convocatorias de Premios.


A rúbrica

Neste bloque imos analizar o seis criterios de avaliación para a consecución dos Selos de Calidade.

Estes criterios son comúns a todos os países participantes en eTwinning, pero cabe resaltar que os distintos Servizos Nacionais de Apoio poden puntualizalos e valoralos segundo criterio propio e dar prioridade a un ou outro dependendo da singularidade de cada país. Estes criterios pretenden ser unha guía para os docentes á hora de planificar os seus proxectos. A rúbrica que empregarás neste módulo para elaborar a túa idea de proxecto e a que será usada para avalialo, son versións simplificadas da que explicamos aquí.

A continuación, enlazaremos cunha serie de artigos nos que se explican os criterios da rúbrica de selo de calidade de proxectos eTwinning. En cada un deses artigos atoparás o texto íntegro da rúbrica, algunhas explicacións e ligazóns a proxectos que exemplifican boas prácticas neses apartados concretos.

Fonte: www.etwinning.es

1. Innovación pedagóxica e creatividade

2. Integración no plan de estudos

3. Comunicación e interacción entre centros socios

4. Colaboración entre centros escolares asociados

5. Uso da tecnoloxía

6. Resultados, impacto e documentación

Máis información

Fontes


Licenza

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0