Diferenzas entre revisións de "ETwinning Live"

De Formación - eTwinning Galicia
m
m
Liña 54: Liña 54:
 
== Edición do perfil ==
 
== Edición do perfil ==
  
[[Arquivo:ModificarPerfil.png|thumb|dereita|200px|Separador "Imaxe do perfil"]]
+
[[Arquivo:ModificarPerfil.png|thumb|dereita|200px|Editar o perfil]]
 
Como comentamos anteriormente, o perfil pódese completar en calquera momento. Todos os campos son importantes, pero destacamos estes tres, para dar sensación de formalidade e fiabilidade:
 
Como comentamos anteriormente, o perfil pódese completar en calquera momento. Todos os campos son importantes, pero destacamos estes tres, para dar sensación de formalidade e fiabilidade:
[[Arquivo:ImaxePorDefecto.png|thumb|dereita|200px|Separador "Imaxe do perfil"]]
+
* No separador "Información persoal", o '''campo "Quen son"''': É a primeira información que van ver sobre ti cando te atopen nunha procura de socios ou accedan ao teu perfil e cliquen en "Máis información". Podes explicar cales son os teus intereses e preferencias en xeral, o tipo de alumnado que tes, se es profe CLIL e outros datos relevantes.
* Fotografía: moitas contas creadas por curiosidade son de docentes que finalmente non usan a plataforma. Xeralmente non teñen foto de perfil. Por iso, se tes pensado traballar en serio, recomendamos que cargues a túa foto ou polo menos un avatar. Podes subir varias imaxes e non esquezas marcar unha delas como "imaxe por defecto".
+
[[Arquivo:ImaxePorDefecto.png|thumb|dereita|200px|Imaxe por defecto]]
*  
+
* '''Separador "As miñas imaxes"''': moitas contas creadas por curiosidade son de docentes que finalmente non usan a plataforma. Xeralmente non teñen foto de perfil. Por iso, se tes pensado traballar en serio, recomendamos que cargues a túa foto ou polo menos un avatar. Podes subir varias imaxes e non esquezas marcar unha delas como "imaxe por defecto".
 +
* No separador "Intereses", o '''campo "Idea de proxecto"''': coloca algunha idea inicial sobre o tema ou tipo de proxecto no que che gustaría traballar. A información pode ser diferente á do campo "Quen son", por exemplo, unha persoa pode pór nese campo que é profe CLIL de Física e Química en francés e en "Idea de proxecto" que lle gustaría traballar nun proxecto relacionado co cinema. Á hora de implementar o proxecto, debe atopar o xeito de encaixalo no currículo da materia, nun traballo transversal do centro, no EDLG, etc. Tamén hai que ter en conta que poden xurdir outras oportunidades de participación en proxectos eTwinning interesantes de colegas de Europa que inicialmente non tiñamos en mente.
  
  

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2019 ás 09:59


Introdución

A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:

  • Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
  • eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
  • TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.

A continuación, imos mostrar en que consiste eTwinning Live, desde o proceso de rexistro até a elaboración do teu perfil no portal.


Rexistro en eTwinning

Rexistro en eTwinning (1)
Rexistro en eTwinning (2)

Se es profe de ensino non universitario e queres participar en eTwinning, debes rexistrarte para poder acceder ao eTwinning Live, a rede social de docentes de toda Europa. Nela, poderás contactar, intercambiar ideas, inscribir proxectos e participar en actividades de formación.

O rexistro faise en www.etwinning.net, cubrindo un sinxelo formulario en liña.

  1. Pre-rexistro e rexistro: debes inserir uns datos iniciais: usuario, nome, país e correo electrónico. A continuación, recibirás unha ligazón no teu correo (se utilizares o de edu.xunta.gal é posible que demore). Debes facer clic na ligazón desa mensaxe para proseguir co teu rexistro.
  2. Confirmación: A dirección do teu centro recibirá nun par de días unha mensaxe pedindo que confirme a túa identidade. Só teñen que responder o correo electrónico dicindo "A dirección do centro dá o seu visto e prace." O prazo máximo de resposta é dun mes. Mentres tanto, poderás gozar de todas as ferramentas e espazos de eTwinning Live, pero non poderás participar en proxectos.


Información proporcionada no perfil

Durante o proceso de rexistro, proporcionamos os datos que queremos mostrar no noso perfil. Como en toda rede social, esa información facilitará que docentes con intereses parecidos, poidan contactar connosco. Por iso, é importante que reflicta as nosas preferencias e liñas de traballo.

Con todo, non é preciso sermos exactos no momento da inscrición, porque podemos completar o perfil en calquera momento.

Separador "Actividade"
Pedido de Contacto
Separador "Acerca de"
Separador "Proxectos"

A información que proporcionamos no perfil é a seguinte:

  • Actividade:
    • Nome, centro educativo e imaxe por defecto.
    • Símbolos que indican se se trata dunha persoa premiada, embaixadora, membro do SNA, etc.
    • Lista de contactos.
    • Cando accedemos ao perfil doutra persoa, aparecerá un botón laranxa para enviarlle un pedido de contacto ou para eliminala da lista de contactos.
    • Gráfico que representa o grao de participación en eTwinning.
    • Muro.
  • Acerca de:
    • Descrición persoal.
    • Información sobre as posibles linguas de traballo, materias do seu interese e idade do alumnado.
    • Bandeira que indica se está dispoñible ou non para participar nun novo proxecto.
  • Proxectos:
    • Idea de proxecto.
    • Lista de proxectos activos e finalizados.
  • Varios: participación en eventos de formación, grupos e outras imaxes de perfil.


Edición do perfil

Editar o perfil

Como comentamos anteriormente, o perfil pódese completar en calquera momento. Todos os campos son importantes, pero destacamos estes tres, para dar sensación de formalidade e fiabilidade:

  • No separador "Información persoal", o campo "Quen son": É a primeira información que van ver sobre ti cando te atopen nunha procura de socios ou accedan ao teu perfil e cliquen en "Máis información". Podes explicar cales son os teus intereses e preferencias en xeral, o tipo de alumnado que tes, se es profe CLIL e outros datos relevantes.
Imaxe por defecto
  • Separador "As miñas imaxes": moitas contas creadas por curiosidade son de docentes que finalmente non usan a plataforma. Xeralmente non teñen foto de perfil. Por iso, se tes pensado traballar en serio, recomendamos que cargues a túa foto ou polo menos un avatar. Podes subir varias imaxes e non esquezas marcar unha delas como "imaxe por defecto".
  • No separador "Intereses", o campo "Idea de proxecto": coloca algunha idea inicial sobre o tema ou tipo de proxecto no que che gustaría traballar. A información pode ser diferente á do campo "Quen son", por exemplo, unha persoa pode pór nese campo que é profe CLIL de Física e Química en francés e en "Idea de proxecto" que lle gustaría traballar nun proxecto relacionado co cinema. Á hora de implementar o proxecto, debe atopar o xeito de encaixalo no currículo da materia, nun traballo transversal do centro, no EDLG, etc. Tamén hai que ter en conta que poden xurdir outras oportunidades de participación en proxectos eTwinning interesantes de colegas de Europa que inicialmente non tiñamos en mente.


Primeiros contactos no eTwinning Live

Medios:

  • Procura de socios e socias.
    • Procura directa: por nome, apelido, palabra chave, nome da escola, etc.
    • Uso de filtros.
    • Acceso ao perfil, envío de correo interno e pedido de contacto.
  • Foros.
  • Grupos.
  • Proxectos para iniciarse.

. . .

--(( EN CONSTRUCIÓN ))--


Máis información


Fontes


Licenza

Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0