Diferenzas entre revisións de "ETwinning Live"

De Formación - eTwinning Galicia
m (Licenza)
 
(Non se mostran 32 revisións do historial feitas por 2 usuarios.)
Liña 4: Liña 4:
 
== Introdución ==
 
== Introdución ==
  
 +
A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:
  
 +
* '''Os portais nacional e europeo''' [http://www.etwinning.es www.etwinning.es] e [http://www.etwinning.net www.etwinning.net]. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
 +
* '''eTwinning Live''' [https://live.etwinning.net live.etwinning.net]: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
 +
* '''TwinSpace''' [https://twinspace.etwinning.net twinspace.etwinning.net]: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.
  
== Apartado 1 ==
+
A continuación, imos mostrar en que consiste eTwinning Live, desde o proceso de rexistro até a elaboración do teu perfil no portal.
  
 +
 +
== Rexistro en eTwinning ==
 +
 +
[[Arquivo:Alta1.png|thumb|dereita|200px|Rexistro en eTwinning (1)]]
 +
[[Arquivo:Alta2.png|thumb|dereita|200px|Rexistro en eTwinning (2)]]
 +
Se es profe de ensino non universitario e queres participar en eTwinning, debes rexistrarte para poder acceder ao eTwinning Live, a rede social de docentes de toda Europa. Nela, poderás contactar, intercambiar ideas, inscribir proxectos e participar en actividades de formación.
 +
 +
O rexistro faise en [http://www.etwinning.net www.etwinning.net], cubrindo un [https://www.etwinning.net/es/pub/preregister.cfm sinxelo formulario en liña].
 +
# '''Pre-rexistro e rexistro''': debes inserir uns datos iniciais: usuario, nome, país e correo electrónico. A continuación, recibirás unha ligazón no teu correo (se utilizares o de '''''edu.xunta.gal''''' é posible que demore). Debes facer clic na ligazón desa mensaxe para proseguir co teu rexistro.
 +
# '''Confirmación''': A dirección do teu centro recibirá nun par de días unha mensaxe pedindo que confirme a túa identidade. Só teñen que responder o correo electrónico dicindo "A dirección do centro dá o seu visto e prace." O prazo máximo de resposta é dun mes. Mentres tanto, segundo a política de seguridade vixente no momento, tal vez non poidas facer login. En caso de que poidas entrar, poderás gozar de todas as ferramentas e espazos de eTwinning Live, pero non poderás participar en proxectos ata que o teu perfil non sexa validado.
 +
 +
== Información proporcionada no perfil ==
 +
 +
Durante o proceso de rexistro, proporcionamos os datos que queremos mostrar no noso perfil. Como en toda rede social, esa información facilitará que docentes con intereses parecidos poidan contactar connosco. Por iso, é importante que reflicta as nosas preferencias e liñas de traballo.
 +
 +
Con todo, non é preciso sermos exactos no momento da inscrición, porque podemos completar o perfil en calquera momento.
 +
 +
[[Arquivo:Actividade.png|thumb|dereita|200px|Separador "Actividade"]]
 +
[[Arquivo:AcercaDe.png|thumb|dereita|200px|Separador "Acerca de"]]
 +
[[Arquivo:Proxectos.png|thumb|dereita|200px|Separador "Proxectos"]]
 +
A información que proporcionamos no perfil é a seguinte:
 +
* '''Actividade''':
 +
** Nome, centro educativo e imaxe por defecto.
 +
** Símbolos que indican se se trata dunha persoa premiada, embaixadora, membro do SNA, etc.
 +
** Lista de contactos.
 +
** Gráfico que representa o grao de participación en eTwinning.
 +
** Muro.
 +
* '''Acerca de''':
 +
** Descrición persoal.
 +
** Información sobre as posibles linguas de traballo, materias do seu interese e idade do alumnado.
 +
** Bandeira que indica se está dispoñible ou non para participar nun novo proxecto.
 +
* '''Proxectos''':
 +
** Idea de proxecto.
 +
** Lista de proxectos activos e finalizados.
 +
* '''Varios''': participación en eventos de formación, grupos e outras imaxes de perfil.
 +
 +
 +
== Edición do perfil ==
 +
 +
[[Arquivo:ModificarPerfil.png|thumb|dereita|200px|Editar o perfil]]
 +
Como comentamos anteriormente, o perfil pódese completar en calquera momento. Todos os campos son importantes, pero destacamos estes tres, para dar sensación de formalidade e fiabilidade:
 +
* No separador "Información persoal", o '''campo "Quen son"''': É a primeira información que van ver sobre ti cando te atopen nunha procura de socios ou accedan ao teu perfil e fagan clic en "Máis información". Podes explicar cales son os teus intereses e preferencias en xeral, o tipo de alumnado que tes, se es profe CLIL e outros datos relevantes.
 +
[[Arquivo:ImaxePorDefecto.png|thumb|dereita|200px|Imaxe por defecto]]
 +
* '''Separador "As miñas imaxes"''': moitas contas creadas por curiosidade son de docentes que finalmente non usan a plataforma. Xeralmente non teñen foto de perfil. Por iso, se tes pensado traballar en serio, recomendamos que cargues a túa foto ou polo menos un avatar. Podes subir varias imaxes e non esquezas marcar unha delas como "imaxe por defecto".
 +
* No separador "Intereses", o '''campo "Idea de proxecto"''': é a información que van ver os/as demais cando accedan ao teu perfil e fagan clic no separador "Proxectos". Coloca algunha idea inicial sobre o tema ou tipo de proxecto no que che gustaría traballar. A información pode ser diferente á do campo "Quen son", por exemplo, unha persoa pode pór nese campo que é profe CLIL de Física e Química en francés e en "Idea de proxecto" que lle gustaría traballar nun proxecto relacionado co cinema. Á hora de implementar o proxecto, debe atopar o xeito de encaixalo no currículo da materia, nun traballo transversal do centro, no EDLG, etc. Tamén hai que ter en conta que poden xurdir outras oportunidades de participación en proxectos eTwinning interesantes de colegas de Europa que inicialmente non tiñamos en mente.
 +
* Tamén debemos editar o perfil se cambiamos de centro, no '''separador "Os meus centros escolares"'''. O SNA enviará un correo de confirmación ao centro educativo e a dirección ten que respondelo dicindo que dá o seu visto e prace. Grazas a esta verificación detéctanse moitos erros causados pola mobilidade de docentes: concurso de traslados, substitucións, interinidades.
 +
 +
 +
== Primeiros contactos no eTwinning Live ==
 +
 +
Logo de completar o noso perfil, é o momento de contactar con eTwinners afíns con quen poidamos traballar en futuros proxectos.
 +
 +
A idea é ter varias persoas na nosa lista de contactos que poden ser da mesma escola, rexión e país, pero o máis interesante é que sexan doutros países para traballar en proxectos internacionais, o que enriquece amplamente a experiencia.
 +
 +
[[Arquivo:PedidoDeContacto.png|thumb|dereita|200px|Pedido de Contacto]]
 +
Existen varios medios para establecer contacto:
 +
* No separador "Persoas", podemos realizar unha '''procura de socios e socias'''.
 +
** '''Procura directa''': se temos algún dato, podemos procurar por nome, apelido, palabra chave, nome da escola, etc. Se o dato non é moi restritivo, vamos obter unha lista de eTwinners con información básica. Se queremos ampliala, podemos facer clic en cada perfil para saber as súas ideas de proxecto, se ten máis ou menos experiencia, se tivo algún premio, etc.
 +
** '''Procura avanzada''': podemos usar varios filtros para obter unha lista de profes, por exemplo, de Ciencias Naturais, de Alemaña, que poida traballar en Español. Como no caso anterior, podemos ver a información básica na lista e entrar nos perfís máis interesantes para investigar un pouco máis.
 +
 +
Unha vez que atopamos unha persoa coa que nos gustaría traballar a curto ou longo prazo, realizaremos as seguintes accións nesta orde:
 +
* No seu perfil, podemos facer clic en "Seguir". As súas publicacións no muro aparecerán na nosa páxina principal. Isto é opcional.
 +
* Á dereita do botón "Seguir", facer clic no sobre e '''enviarlle un correo interno''' para contarlle quen somos e preguntarlle se poderiamos ser contactos e traballar xuntos nalgún proxecto.
 +
* En canto obteñamos a súa resposta, '''nunca antes''', enviarlle o pedido de contacto facendo clic no botón laranxa da esquerda.
 +
 +
 +
Hai outras maneiras de atopar eTwinners interesantes e activas:
 +
* No separador '''"Foros para colaborar"''', existen varios foros organizados pola idade do alumnado. Podemos entrar no foro correspondente e ver os artigos publicados por outras persoas que xa teñen unha idea de proxecto definida, ou mesmo un proxecto activo nas primeiras fases, que están a procura de eTwinners. É posible que che guste algunha desas ideas e solicites traballar no proxecto, ou que che pareza interesante algunha das persoas que participan nos foros e queiras proporlles traballar na túa idea de proxecto, ben escribíndolles un correo interno ou ben publicando un novo post no foro.
 +
 +
* O separador '''"Grupos"''' tamén é un punto de encontro importante. Podes xuntarte a algún dos grupos existentes, coñecer colegas con actividade, experiencia e ganas de traballar, escribirlles e pedirlles serdes contactos.
 +
 +
* Por último, tamén se coñecen eTwinners e se comproba como é canda un e cada unha (fiabilidade, tempo de resposta, calidade das achegas...) participando en proxectos simples para iniciarse na plataforma, independentemente do grao de colaboración que se consiga, por exemplo: intercambio de postais de Nadal ou ''pen pals''.
 +
 +
 +
En calquera caso, debemos evitar enviar un pedido de contacto a unha persoa que non nos coñece, sen terlle escrito un correo interno previamente.
  
  
== Apartado 2 ==
 
  
  
Liña 16: Liña 94:
 
== Máis información ==
 
== Máis información ==
  
 +
* [https://youtu.be/HsEC1tSouWY?list=PLqT_-C6ioFLrmz18yMSzCTkLZPvK8hoEu Vídeo sobre eTwinning Live do SNA España]
 +
* [https://es.slideshare.net/SNA_etwinning/rbrica-para-el-perfil-etwinning Rúbrica de autoavaliación para completar o teu perfil]
 +
* [http://etwinning.es/es/nuevo-portafolio-etwinning/ Portafolio eTwinning]
  
  

Revisión actual feita o 7 de febreiro de 2021 ás 12:17


Introdución

A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:

  • Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
  • eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
  • TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.

A continuación, imos mostrar en que consiste eTwinning Live, desde o proceso de rexistro até a elaboración do teu perfil no portal.


Rexistro en eTwinning

Rexistro en eTwinning (1)
Rexistro en eTwinning (2)

Se es profe de ensino non universitario e queres participar en eTwinning, debes rexistrarte para poder acceder ao eTwinning Live, a rede social de docentes de toda Europa. Nela, poderás contactar, intercambiar ideas, inscribir proxectos e participar en actividades de formación.

O rexistro faise en www.etwinning.net, cubrindo un sinxelo formulario en liña.

  1. Pre-rexistro e rexistro: debes inserir uns datos iniciais: usuario, nome, país e correo electrónico. A continuación, recibirás unha ligazón no teu correo (se utilizares o de edu.xunta.gal é posible que demore). Debes facer clic na ligazón desa mensaxe para proseguir co teu rexistro.
  2. Confirmación: A dirección do teu centro recibirá nun par de días unha mensaxe pedindo que confirme a túa identidade. Só teñen que responder o correo electrónico dicindo "A dirección do centro dá o seu visto e prace." O prazo máximo de resposta é dun mes. Mentres tanto, segundo a política de seguridade vixente no momento, tal vez non poidas facer login. En caso de que poidas entrar, poderás gozar de todas as ferramentas e espazos de eTwinning Live, pero non poderás participar en proxectos ata que o teu perfil non sexa validado.

Información proporcionada no perfil

Durante o proceso de rexistro, proporcionamos os datos que queremos mostrar no noso perfil. Como en toda rede social, esa información facilitará que docentes con intereses parecidos poidan contactar connosco. Por iso, é importante que reflicta as nosas preferencias e liñas de traballo.

Con todo, non é preciso sermos exactos no momento da inscrición, porque podemos completar o perfil en calquera momento.

Separador "Actividade"
Separador "Acerca de"
Separador "Proxectos"

A información que proporcionamos no perfil é a seguinte:

  • Actividade:
    • Nome, centro educativo e imaxe por defecto.
    • Símbolos que indican se se trata dunha persoa premiada, embaixadora, membro do SNA, etc.
    • Lista de contactos.
    • Gráfico que representa o grao de participación en eTwinning.
    • Muro.
  • Acerca de:
    • Descrición persoal.
    • Información sobre as posibles linguas de traballo, materias do seu interese e idade do alumnado.
    • Bandeira que indica se está dispoñible ou non para participar nun novo proxecto.
  • Proxectos:
    • Idea de proxecto.
    • Lista de proxectos activos e finalizados.
  • Varios: participación en eventos de formación, grupos e outras imaxes de perfil.


Edición do perfil

Editar o perfil

Como comentamos anteriormente, o perfil pódese completar en calquera momento. Todos os campos son importantes, pero destacamos estes tres, para dar sensación de formalidade e fiabilidade:

  • No separador "Información persoal", o campo "Quen son": É a primeira información que van ver sobre ti cando te atopen nunha procura de socios ou accedan ao teu perfil e fagan clic en "Máis información". Podes explicar cales son os teus intereses e preferencias en xeral, o tipo de alumnado que tes, se es profe CLIL e outros datos relevantes.
Imaxe por defecto
  • Separador "As miñas imaxes": moitas contas creadas por curiosidade son de docentes que finalmente non usan a plataforma. Xeralmente non teñen foto de perfil. Por iso, se tes pensado traballar en serio, recomendamos que cargues a túa foto ou polo menos un avatar. Podes subir varias imaxes e non esquezas marcar unha delas como "imaxe por defecto".
  • No separador "Intereses", o campo "Idea de proxecto": é a información que van ver os/as demais cando accedan ao teu perfil e fagan clic no separador "Proxectos". Coloca algunha idea inicial sobre o tema ou tipo de proxecto no que che gustaría traballar. A información pode ser diferente á do campo "Quen son", por exemplo, unha persoa pode pór nese campo que é profe CLIL de Física e Química en francés e en "Idea de proxecto" que lle gustaría traballar nun proxecto relacionado co cinema. Á hora de implementar o proxecto, debe atopar o xeito de encaixalo no currículo da materia, nun traballo transversal do centro, no EDLG, etc. Tamén hai que ter en conta que poden xurdir outras oportunidades de participación en proxectos eTwinning interesantes de colegas de Europa que inicialmente non tiñamos en mente.
  • Tamén debemos editar o perfil se cambiamos de centro, no separador "Os meus centros escolares". O SNA enviará un correo de confirmación ao centro educativo e a dirección ten que respondelo dicindo que dá o seu visto e prace. Grazas a esta verificación detéctanse moitos erros causados pola mobilidade de docentes: concurso de traslados, substitucións, interinidades.


Primeiros contactos no eTwinning Live

Logo de completar o noso perfil, é o momento de contactar con eTwinners afíns con quen poidamos traballar en futuros proxectos.

A idea é ter varias persoas na nosa lista de contactos que poden ser da mesma escola, rexión e país, pero o máis interesante é que sexan doutros países para traballar en proxectos internacionais, o que enriquece amplamente a experiencia.

Pedido de Contacto

Existen varios medios para establecer contacto:

  • No separador "Persoas", podemos realizar unha procura de socios e socias.
    • Procura directa: se temos algún dato, podemos procurar por nome, apelido, palabra chave, nome da escola, etc. Se o dato non é moi restritivo, vamos obter unha lista de eTwinners con información básica. Se queremos ampliala, podemos facer clic en cada perfil para saber as súas ideas de proxecto, se ten máis ou menos experiencia, se tivo algún premio, etc.
    • Procura avanzada: podemos usar varios filtros para obter unha lista de profes, por exemplo, de Ciencias Naturais, de Alemaña, que poida traballar en Español. Como no caso anterior, podemos ver a información básica na lista e entrar nos perfís máis interesantes para investigar un pouco máis.

Unha vez que atopamos unha persoa coa que nos gustaría traballar a curto ou longo prazo, realizaremos as seguintes accións nesta orde:

  • No seu perfil, podemos facer clic en "Seguir". As súas publicacións no muro aparecerán na nosa páxina principal. Isto é opcional.
  • Á dereita do botón "Seguir", facer clic no sobre e enviarlle un correo interno para contarlle quen somos e preguntarlle se poderiamos ser contactos e traballar xuntos nalgún proxecto.
  • En canto obteñamos a súa resposta, nunca antes, enviarlle o pedido de contacto facendo clic no botón laranxa da esquerda.


Hai outras maneiras de atopar eTwinners interesantes e activas:

  • No separador "Foros para colaborar", existen varios foros organizados pola idade do alumnado. Podemos entrar no foro correspondente e ver os artigos publicados por outras persoas que xa teñen unha idea de proxecto definida, ou mesmo un proxecto activo nas primeiras fases, que están a procura de eTwinners. É posible que che guste algunha desas ideas e solicites traballar no proxecto, ou que che pareza interesante algunha das persoas que participan nos foros e queiras proporlles traballar na túa idea de proxecto, ben escribíndolles un correo interno ou ben publicando un novo post no foro.
  • O separador "Grupos" tamén é un punto de encontro importante. Podes xuntarte a algún dos grupos existentes, coñecer colegas con actividade, experiencia e ganas de traballar, escribirlles e pedirlles serdes contactos.
  • Por último, tamén se coñecen eTwinners e se comproba como é canda un e cada unha (fiabilidade, tempo de resposta, calidade das achegas...) participando en proxectos simples para iniciarse na plataforma, independentemente do grao de colaboración que se consiga, por exemplo: intercambio de postais de Nadal ou pen pals.


En calquera caso, debemos evitar enviar un pedido de contacto a unha persoa que non nos coñece, sen terlle escrito un correo interno previamente.



Máis información


Fontes


Licenza

Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0