Diferenzas entre revisións de "ETwinning Live"
m |
m |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
− | == | + | == Información proporcionada no perfil == |
+ | |||
+ | Durante o proceso de rexistro, proporcionamos os datos que queremos mostrar no noso perfil. Como en toda rede social, esa información facilitará que docentes con intereses parecidos, poidan contactar connosco. Por iso, é importante que reflicta as nosas preferencias e liñas de traballo. | ||
+ | |||
+ | Con todo, non é preciso sermos exactos no momento da inscrición, porque podemos completar o perfil en calquera momento. | ||
+ | |||
+ | A información que proporcionamos no perfil é a seguinte: | ||
+ | * Actividade: | ||
+ | ** Nome, centro educativo e imaxe por defecto. | ||
+ | ** Símbolos que indican se se trata dunha persoa premiada, embaixadora, membro do SNA, etc. | ||
+ | ** Lista de contactos. | ||
+ | ** Gráfico que reflicte o grao de participación en eTwinning. | ||
+ | ** Muro. | ||
+ | * Acerca de: | ||
+ | ** Descrición persoal do profe. | ||
+ | ** Información sobre as posibles linguas de traballo, materias do seu interese e idade do alumnado. | ||
+ | ** Bandeira que indica se está dispoñible ou non para participar nun novo proxecto. | ||
+ | * Proxectos: | ||
+ | * Varios: participación en eventos de formación, grupos e outras imaxes de perfil. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | '''Edición do perfil.''' | ||
+ | . . . | ||
Liña 30: | Liña 52: | ||
== Máis información == | == Máis información == | ||
+ | * [https://youtu.be/HsEC1tSouWY?list=PLqT_-C6ioFLrmz18yMSzCTkLZPvK8hoEu Vídeo sobre eTwinning Live do SNA España] | ||
Revisión como estaba o 24 de xullo de 2019 ás 14:04
Índice
Introdución
A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:
- Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
- eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
- TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.
A continuación, imos mostrar en que consiste eTwinning Live, desde o proceso de rexistro até a elaboración do teu perfil no portal.
Rexistro en eTwinning
Se es profe de ensino non universitario e queres participar en eTwinning, debes rexistrarte para poder acceder ao eTwinning Live, a rede social de docentes de toda Europa. Nela, poderás contactar, intercambiar ideas, inscribir proxectos e participar en actividades de formación.
O rexistro faise en www.etwinning.net, cubrindo un sinxelo formulario en liña.
- Pre-rexistro e rexistro: debes inserir uns datos iniciais: usuario, nome, país e correo electrónico. A continuación, recibirás unha ligazón no teu correo (se utilizares o de edu.xunta.gal é posible que demore). Debes facer clic na ligazón desa mensaxe para proseguir co teu rexistro.
- Confirmación: A dirección do teu centro recibirá nun par de días unha mensaxe pedindo que confirme a túa identidade. O prazo máximo de resposta é dun mes. Mentres tanto, poderás gozar de todas as ferramentas e espazos de eTwinning Live, pero non poderás participar en proxectos.
Información proporcionada no perfil
Durante o proceso de rexistro, proporcionamos os datos que queremos mostrar no noso perfil. Como en toda rede social, esa información facilitará que docentes con intereses parecidos, poidan contactar connosco. Por iso, é importante que reflicta as nosas preferencias e liñas de traballo.
Con todo, non é preciso sermos exactos no momento da inscrición, porque podemos completar o perfil en calquera momento.
A información que proporcionamos no perfil é a seguinte:
- Actividade:
- Nome, centro educativo e imaxe por defecto.
- Símbolos que indican se se trata dunha persoa premiada, embaixadora, membro do SNA, etc.
- Lista de contactos.
- Gráfico que reflicte o grao de participación en eTwinning.
- Muro.
- Acerca de:
- Descrición persoal do profe.
- Información sobre as posibles linguas de traballo, materias do seu interese e idade do alumnado.
- Bandeira que indica se está dispoñible ou non para participar nun novo proxecto.
- Proxectos:
- Varios: participación en eventos de formación, grupos e outras imaxes de perfil.
Edición do perfil.
. . .
Máis información
Fontes
- Embaixada eTwinning Galicia
- Servizo Nacional de Apoio eTwinning España - INTEF
- Servizo Central de Apoio eTwinning
Licenza
Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).
Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0