ETwinning Live

De Formación - eTwinning Galicia
Revisión feita o 29 de xullo de 2019 ás 08:44 por Mvence (Conversa | contribucións)


Introdución

A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:

  • Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
  • eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
  • TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.

A continuación, imos mostrar en que consiste eTwinning Live, desde o proceso de rexistro até a elaboración do teu perfil no portal.


Rexistro en eTwinning

Rexistro en eTwinning (1)
Rexistro en eTwinning (2)

Se es profe de ensino non universitario e queres participar en eTwinning, debes rexistrarte para poder acceder ao eTwinning Live, a rede social de docentes de toda Europa. Nela, poderás contactar, intercambiar ideas, inscribir proxectos e participar en actividades de formación.

O rexistro faise en www.etwinning.net, cubrindo un sinxelo formulario en liña.

  1. Pre-rexistro e rexistro: debes inserir uns datos iniciais: usuario, nome, país e correo electrónico. A continuación, recibirás unha ligazón no teu correo (se utilizares o de edu.xunta.gal é posible que demore). Debes facer clic na ligazón desa mensaxe para proseguir co teu rexistro.
  2. Confirmación: A dirección do teu centro recibirá nun par de días unha mensaxe pedindo que confirme a túa identidade. O prazo máximo de resposta é dun mes. Mentres tanto, poderás gozar de todas as ferramentas e espazos de eTwinning Live, pero non poderás participar en proxectos.


Información proporcionada no perfil

Durante o proceso de rexistro, proporcionamos os datos que queremos mostrar no noso perfil. Como en toda rede social, esa información facilitará que docentes con intereses parecidos, poidan contactar connosco. Por iso, é importante que reflicta as nosas preferencias e liñas de traballo.

Con todo, non é preciso sermos exactos no momento da inscrición, porque podemos completar o perfil en calquera momento.

Separador "Actividade"
Pedido de Contacto
Separador "Acerca de"
Separador "Proxectos"

A información que proporcionamos no perfil é a seguinte:

  • Actividade:
    • Nome, centro educativo e imaxe por defecto.
    • Símbolos que indican se se trata dunha persoa premiada, embaixadora, membro do SNA, etc.
    • Lista de contactos.
    • Cando accedemos ao perfil doutra persoa, aparecerá un botón laranxa para enviarlle un pedido de contacto ou para eliminala da lista de contactos.
    • Gráfico que representa o grao de participación en eTwinning.
    • Muro.
  • Acerca de:
    • Descrición persoal.
    • Información sobre as posibles linguas de traballo, materias do seu interese e idade do alumnado.
    • Bandeira que indica se está dispoñible ou non para participar nun novo proxecto.
  • Proxectos:
    • Idea de proxecto.
    • Lista de proxectos activos e finalizados.
  • Varios: participación en eventos de formación, grupos e outras imaxes de perfil.

--(( EN CONSTRUCIÓN ))--


Edición do perfil

. . .

--(( EN CONSTRUCIÓN ))--


Primeiros contactos no eTwinning Live

Medios:

  • Procura de socios e socias.
    • Procura directa: por nome, apelido, palabra chave, nome da escola, etc.
    • Uso de filtros.
    • Acceso ao perfil, envío de correo interno e pedido de contacto.
  • Foros.
  • Grupos.
  • Proxectos para iniciarse.

. . .

--(( EN CONSTRUCIÓN ))--


Máis información


Fontes


Licenza

Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0