Diferenzas entre revisións de "Preguntas frecuentes"

De Formación - eTwinning Galicia
m
m
Liña 29: Liña 29:
 
Os criterios de avaliación para a consecución dos Selos de Calidade (QL, ''Quality Label'') son comúns a todos os países participantes, pero os distintos Servizos Nacionais de Apoio poden puntualizalos e valoralos segundo criterio propio e dar prioridade a un ou outro dependendo da singularidade de cada país.  
 
En países cunha baixa participación en eTwinning é posible que concedan QLs con mais "facilidade", por iso ás veces dáse a circunstancia de que no mesmo proxecto hai socios con QL e socios sen el, aínda que os criterios sexan os mesmos para toda Europa. É unha maneira que teñen os SNAs de certos países de motivar o profesorado.  
+
En países cunha baixa participación en eTwinning é posible que concedan QLs con mais "facilidade", como medida para motivar o profesorado. Por iso ás veces dáse a circunstancia de que no mesmo proxecto hai socios dun país con QL e socios doutro país sen el, aínda que os criterios sexan os mesmos para toda Europa.  
  
Revisión como estaba o 20 de outubro de 2019 ás 11:59

Cal é a diferenza entre "compartir" e "colaborar"?

(En construción)

Como sei se o meu proxecto é "bo"?

(En construción)

É obrigatorio solicitar o Selo de Calidade?

Non.

(En construción)

É posible que no mesmo proxecto uns socios consigan o Selo de Calidade e outros non?

Si.

Os criterios de avaliación para a consecución dos Selos de Calidade (QL, Quality Label) son comúns a todos os países participantes, pero os distintos Servizos Nacionais de Apoio poden puntualizalos e valoralos segundo criterio propio e dar prioridade a un ou outro dependendo da singularidade de cada país.

En países cunha baixa participación en eTwinning é posible que concedan QLs con mais "facilidade", como medida para motivar o profesorado. Por iso ás veces dáse a circunstancia de que no mesmo proxecto hai socios dun país con QL e socios doutro país sen el, aínda que os criterios sexan os mesmos para toda Europa.

Pódese traballar en galego en eTwinning?

Si.

Pódese traballar en calquera lingua, entre elas o galego.

O problema actual é que eTwinning Live invisibiliza o uso deste idioma porque non é posible marcar o galego como lingua de traballo nin no perfil do/da docente nin na ficha do proxecto. Isto dificulta a procura filtrada de posibles eTwinners que queiran traballar en galego ou de proxectos que fosen realizados nesta lingua.

A Embaixada eTwinning Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística solicitaron ao Servizo Nacional de Apoio a actualización de eTwinning Live para habilitar esta opción. En setembro de 2018 comunicáronnos que a proposta foi inicialmente aceptada e que se implementará na seguinte versión de eTwinning Live, unha vez finalizadas outras tarefas prioritarias. A actualización de outubro de 2019 non incorporou esta mellora.

É obrigatorio traballar en equipos de centro?

Non.

É recomendable, pero non é obrigatorio. É posible traballar unha soa persoa en eTwinning no centro educativo.

Só é obrigatorio para as escolas que desexen solicitar o Selo de Centro eTwinning (eTwinning School Label).