Preguntas frecuentes
Índice
- 1 Cal é a diferenza entre "compartir" e "colaborar"?
- 2 Como sei se o meu proxecto é "bo"?
- 3 É obrigatorio solicitar o Selo de Calidade?
- 4 É posible que no mesmo proxecto uns socios consigan o Selo de Calidade e outros non?
- 5 Pódese traballar en galego en eTwinning?
- 6 É obrigatorio traballar en equipos de centro?
Cal é a diferenza entre "compartir" e "colaborar"?
(En construción)
Como sei se o meu proxecto é "bo"?
(En construción)
É obrigatorio solicitar o Selo de Calidade?
Non.
(En construción)
É posible que no mesmo proxecto uns socios consigan o Selo de Calidade e outros non?
Si.
Os criterios de avaliación para a consecución dos Selos de Calidade (QL, Quality Label) son comúns a todos os países participantes, pero os distintos Servizos Nacionais de Apoio poden puntualizalos e valoralos segundo criterio propio e dar prioridade a un ou outro dependendo da singularidade de cada país.
En países cunha baixa participación en eTwinning é posible que concedan QLs con mais "facilidade", por iso ás veces dáse a circunstancia de que no mesmo proxecto hai socios con QL e socios sen el, aínda que os criterios sexan os mesmos para toda Europa. É unha maneira que teñen os SNAs de certos países de motivar o profesorado.
Pódese traballar en galego en eTwinning?
Si.
Pódese traballar en calquera lingua, entre elas o galego.
O problema actual é que eTwinning Live invisibiliza o uso deste idioma porque non é posible marcar o galego como lingua de traballo nin no perfil do/da docente nin na ficha do proxecto. Isto dificulta a procura filtrada de posibles eTwinners que queiran traballar en galego ou de proxectos que fosen realizados nesta lingua.
A Embaixada eTwinning Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística solicitaron ao Servizo Nacional de Apoio a actualización de eTwinning Live para habilitar esta opción. En setembro de 2018 comunicáronnos que a proposta foi inicialmente aceptada e que se implementará na seguinte versión de eTwinning Live, unha vez finalizadas outras tarefas prioritarias. A actualización de outubro de 2019 non incorporou esta mellora.
É obrigatorio traballar en equipos de centro?
Non.
É recomendable, pero non é obrigatorio. É posible traballar unha soa persoa en eTwinning no centro educativo.
Só é obrigatorio para as escolas que desexen solicitar o Selo de Centro eTwinning (eTwinning School Label).