Diferenzas entre revisións de "Proxectos bos"

De Formación - eTwinning Galicia
m
m
Liña 12: Liña 12:
  
Este proxecto non implica traballo cooperativo, polo tanto nunca tería o QL en España. En países cunha baixa participación en eTwinning é posible que llo concedesen, por iso ás veces dáse a circunstancia de que no mesmo proxecto hai socios con QL e socios sen el, aínda que os criterios sexan os mesmos para toda Europa. É unha maneira que teñen os SNAs de certos países de motivar o profesorado.
 
 +
  
Por outra banda, traballar neste proxecto sería moi interesante porque:
 
Por outra banda, traballar neste proxecto sería moi interesante porque:

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2019 ás 08:04

É importante diferenciar os seguintes termos:

  • Proxecto "bo": un proxecto eTwinning é bo se cumpre os obxectivos definidos polo profesorado que traballa nel, independentemente da cantidade e calidade das súas tarefas, da duración, de se hai cooperación ou non, etc.
  • Proxecto "que reúne todas as condicións para ter o Selo de Calidade eTwinning": Todos os proxectos que se leven a cabo dentro da plataforma poden optar a ser recoñecidos con Selos de Calidade (QL) sempre que cumpran esta rúbrica de avaliación tamén explicada neste artigo. Esta información pódenos axudar a crear un proxecto que cumpra estas características desde o comezo e tamén a que, tras o seu desenvolvemento, posuamos as evidencias e os produtos necesarios para solicitar o devandito selo e recoñecemento.

Exemplo de proxecto "bo" que paga a pena desenvolver aínda sabendo que non levará QL:

  • Intercambio de receitas de Nadal de un mes de duración.
  • Obxectivo: iniciarse no mundo de eTwinning, coñecer docentes doutros países e ver que tal traballan para posteriormente embarcarse con algúns deles en proxectos máis complexos.
  • Proceso de traballo: cada alumno e alumna redacta unha receita típica de Nadal da súa zona e acompáñaa con unha fotografía do prato. O resultado compártese nun TwinBoard.
  • Resultados esperados: con todas as receitas elabórase unha presentación.

Este proxecto non implica traballo cooperativo, polo tanto nunca tería o QL en España. En países cunha baixa participación en eTwinning é posible que llo concedesen, por iso ás veces dáse a circunstancia de que no mesmo proxecto hai socios con QL e socios sen el, aínda que os criterios sexan os mesmos para toda Europa. É unha maneira que teñen os SNAs de certos países de motivar o profesorado.

Por outra banda, traballar neste proxecto sería moi interesante porque:

  • O alumnado aprende sobre gastronomía doutros países explicada en primeira persoa por nativos/as.
  • Poden usar a lingua estranxeira nunha comunicación real, escribindo textos que saben que van ler outras persoas (non é un mero exercicio de clase que non vai ler ninguén).
  • O profesorado adéstrase nas ferramentas de eTwinning e coñece socios/as con quen poder realizar proxecto máis complexos (fuxindo dos que non responden rapidamente, por exemplo).
  • Tamén pode ser un previo a un Erasmus KA2, polo mesmo motivo do punto anterior: é importante saber como traballan os/as socios/as antes de comprometerse en proxecto máis esixentes.