Diferenzas entre revisións de "Que é eTwinning?"
m (→Datos de rexistros) |
m (→Estrutura do programa) |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
* eTwinning Plus comprende oito países «veciños de Europa»: Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, Moldavia e Ucraína, que son parte da Asociación Europea Oriental; así como Tunisia, Xordania e Líbano que forman parte da Asociación Euromediterránea (EUROMED). | * eTwinning Plus comprende oito países «veciños de Europa»: Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, Moldavia e Ucraína, que son parte da Asociación Europea Oriental; así como Tunisia, Xordania e Líbano que forman parte da Asociación Euromediterránea (EUROMED). | ||
+ | [[Ficheiro:Europa.jpg]] | ||
eTwinning está organizado a nivel europeo polo Servizo Central de Apoio (SCA), con sede en Bruxelas (www.etwinning.net) e a nivel nacional está coordinado polos respectivos Servizos Nacionais de Apoio. En España, o Servizo Nacional de Apoio (SNA) pertence ao Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, desde onde traballa en coordinación con todas as Comunidades e Cidades Autónomas (www.etwinning.es). | eTwinning está organizado a nivel europeo polo Servizo Central de Apoio (SCA), con sede en Bruxelas (www.etwinning.net) e a nivel nacional está coordinado polos respectivos Servizos Nacionais de Apoio. En España, o Servizo Nacional de Apoio (SNA) pertence ao Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, desde onde traballa en coordinación con todas as Comunidades e Cidades Autónomas (www.etwinning.es). | ||
− | |||
=== Condicións de participación === | === Condicións de participación === |
Revisión como estaba o 7 de xullo de 2019 ás 08:52
Índice
Introdución
Que é eTwinning?
eTwinning forma parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de educación, formación, mocidade e deporte. O seu obxectivo principal é promover o contacto e a colaboración entre centros escolares do mesmo país ou de distintos países europeos. Facilita unha contorna para o desenvolvemento profesional docente, o intercambio de ideas e para realizar proxectos educativos sobre calquera tema do ámbito escolar, baseados no traballo en colaboración, o desenvolvemento das competencias clave, o uso das TIC e a potenciación da dimensión europea.
Hai que destacar os aspectos positivos destas asociacións: o sentido de creación de comunidade con outros centros; as posibilidades de aprendizaxe entre pares, ben sexa entre docentes ou entre o alumnado; pero sobre todo, a posibilidade de compartir ideas e experiencias para o crecemento persoal ou colectivo dentro da sociedade europea.
eTwinning comezou no 2005 como parte fundamental do programa eLearning da Unión Europea para a integración das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nos sistemas de educación e formación de Europa. Desde 2014 está integrado no programa Erasmus+, dentro da Acción KA2: Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas.
Estrutura do programa
Países participantes:
- eTwinning diríxese a todos os Estados membros da Unión Europea: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Polonia, Portugal, Romanía, Reino Unido, República Checa e Suecia.
- Tamén poden participar Albania, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Bosnia e Hercegovina, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Serbia e Turquía.
- eTwinning Plus comprende oito países «veciños de Europa»: Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, Moldavia e Ucraína, que son parte da Asociación Europea Oriental; así como Tunisia, Xordania e Líbano que forman parte da Asociación Euromediterránea (EUROMED).
eTwinning está organizado a nivel europeo polo Servizo Central de Apoio (SCA), con sede en Bruxelas (www.etwinning.net) e a nivel nacional está coordinado polos respectivos Servizos Nacionais de Apoio. En España, o Servizo Nacional de Apoio (SNA) pertence ao Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, desde onde traballa en coordinación con todas as Comunidades e Cidades Autónomas (www.etwinning.es).
Condicións de participación
Poden participar docentes de:
- Niveis educativos non universitarios.
- Todas as materias. Contempla a interdisciplinariedade e a transversalidade.
- Lingua de traballo: todas. Entre elas, o galego.
- Perfil de participantes: docentes, equipos directivos, de orientación, de bibliotecas escolares, asesores de CFR e inspección. Unha vez iniciado un proxecto, profesorado pode convidar os seus respectivos estudantes á plataforma de traballo dese proxecto.
Datos de rexistros
En xullo de 2019, a nivel europeo, había:
90.759 proxectos rexistrados (activos e pechados), 192.148 centros inscritos, 693.274 docentes inscritos.
E en Galicia:
459 centros rexistrados, 958 docentes inscritos.
Fontes
- Embaixada eTwinning Galicia
- Servizo Nacional de Apoio eTwinning España - INTEF
- Servizo Central de Apoio eTwinning
Licenza
Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0