Diferenzas entre revisións de "Recoñecementos en eTwinning"

De Formación - eTwinning Galicia
(Máis información)
Liña 73: Liña 73:
 
== Máis información ==
 
== Máis información ==
  
* [https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0ahUKEwjim_Gnh-XYAhUFshQKHUlfAGAQFggmMAA&url=https%3A%2F%2Fwww.edu.xunta.es%2Fftpserver%2Fportal%2FDXC%2F9002463-Proxectos_Web.pdf&usg=AOvVaw0qfjM4M0Nm19OEtEVoE6dv O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria]. Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. (PDF 4.6 MB)
+
*  
* [https://www.youtube.com/watch?v=dFySmS9_y_0 An Introduction to Project-Based Learning]
+
* [[A calidade en eTwinning|Embaixada eTwinning Galicia: A calidade en eTwinning]]
* [https://youtu.be/wL4n-PdQXGs Project Based Learning: Explained in Spanish]
 
* [http://cedec.intef.es/8-claves-del-aprendizaje-por-proyectos/ 8 claves da aprendizaxe por proxectos]
 
* [https://conecta13.com/canvas/ Canvas para o deseño de proxectos]
 
* [https://es.slideshare.net/educacionlab/planificar-un-proyecto-colaborativo-etwinning-para Planificar un proxecto colaborativo eTwinning]
 
* Collaborative Activities: the key to successful eTwinning projects: [https://prezi.com/mwyoih3ty1dm/expert-talk-collaborative-activities-the-key-to-successful-etwinning-projects Presentación] / [https://www.youtube.com/watch?v=7_IrtDsJiog Webinar]
 
* [https://youtu.be/Dhubhv62AcA A colaboración en eTwinning, SNA España]
 
* [https://youtu.be/DnEMLtxf13U Collaborative learning in eTwinning, algúns consellos rápidos para organizar a colaboración en eTwinning. SNA Grecia]
 
* [http://etwinning.es/es/la-evaluacion-en-los-proyectos-etwinning/ Autoavaliación dun proxecto eTwinning]
 
* [[Preguntas_frecuentes|Embaixada eTwinning Galicia: Preguntas frecuentes]]
 
  
 
== Fontes ==
 
== Fontes ==

Revisión como estaba o 25 de agosto de 2021 ás 19:19

Recoñecemento como horas de formación en Galicia

A Consellería de Educación regulou no ano 2016 o recoñecemento da participación dos docentes en proxectos europeos. O profesorado participante en proxectos eTwinning pode solicitar o recoñecemento como horas de formación permanente do profesorado xuntando certificación segundo o anexo V que aparece na Resolución, ao que deberá anexar unha memoria da actividade que inclúa relación de obxectivos que ten que acadar e evidencias que sustenten o proxecto. Os proxectos que acrediten que teñen recibido o selo de calidade nacional ou europeo estarán exentos da entrega da memoria da actividade. Certifícanse entre 10 e 40 horas según a duración do proxecto e atendendo á cualidade de socio fundador ou ben anexado. Texto da Resolución

Recoñecemento como horas de innovación en Galicia

Os selos de calidade

Os Selos de Calidade eTwinning entréganse como recoñecemento ao traballo dos docentes en proxectos que alcanzaron uns niveis determinados de calidade. A calidade dun proxecto non se basea na súa complexidade, nin na súa duración, nin na sofisticación das ferramentas usadas. Hai proxectos que recibiron este galardón, uns de dous anos e outros de dous meses; con dous socios e con dez; con ferramentas novas e con ferramentas coñecidas e sinxelas. A calidade dun proxecto márcaa a súa eficiencia educativa; é dicir, a pertinencia dos obxectivos pedagóxicos propostos e o seu nivel de consecución. Hai dous tipos de Selos de Calidade: Nacional e Europeo.


Selo de Calidade Nacional

Selo de Calidade Nacional

Outorgado polo Servizo Nacional de Apoio de cada país. En España, actualmente, poden ser solicitados e entregados ao longo de calquera momento do ano. Os proxectos que se presentan deben cumprir estes requisitos:

  1. Os obxectivos e o plan de traballo debe ser común a todos os socios e socias do proxecto.
  2. O proxecto ten que estar terminado ou en vías de finalización.
  3. O/A docente solicitante do selo debe ter unha participación activa no proxecto.
  4. Debe detectarse un certo grao de colaboración entre socios que debe estar documentado.
  5. Deben facerse visibles os resultados do proxecto.


Solicitude do Selo de Calidade

O proxecto é avaliado segundo cinco criterios de calidade:

  • Innovación pedagóxica e creatividade.
  • Integración curricular.
  • Colaboración entre centros escolares asociados-
  • Uso da tecnoloxía.
  • Resultados, impacto e documentación.

A solicitude do Selo de Calidade faise no eTwinning Live, na sección Proxectos. Debe solicitalo individualmente cada participante.


Selo de Calidade Europeo

Selo de Calidade Europeo

O Selo de Calidade Europeo é un recoñecemento que se outorga de oficio se:

  • polo menos dous socios de diferentes países recibiron o Selo de Calidade Nacional e
  • foron propostos para o Selo de Calidade Europeo polo menos por un SNA.

Os Selos de Calidade nacionais e europeos son a chave para participar nas respectivas convocatorias de premios: concurso nacional e concurso europeo. As bases e publícanse no eTwinning Live e envíanse por correo electrónico a quen se subscriba aos boletíns do SNA e do Servizo Central de Apoio.


A grela de avaliación de selos de calidade

Os criterios de calidade son comúns a todos os países participantes en eTwinning. Estes criterios pretenden ser unha guía para os docentes á hora de planificar os seus proxectos.

A continuación, compartimos ligazóns a artigos do SNA español sobre os criterios de calidade e sobre a grela de avaliación de selo de calidade.

  1. Grela de avaliación do Selo de Calidade Nacional
  2. Vídeo sobre criterios de calidade

Premios Nacionais

Cada ano se convocan os Premios Nacionais eTwinning. Os requisitos para presenatrse son:

  • Ter recibido Selo de Calidade Nacional pola realización dun proxecto internacional (alomenos un socio ou socia extranxairo).
  • Que o proxecto polo que se solicita tivese actividade no curso escolar anterior ao ano da convocatoria.
  • Que o proxecto non tivese recibido Premio Nacional con anterioridade.

Premios europeos

Máis información

Fontes