Diferenzas entre revisións de "Recoñecementos en eTwinning"
(→Recoñecemento como horas de innovación en Galicia) |
|||
Liña 8: | Liña 8: | ||
No curso 2020/2021 lanzouse dentro do Plan Proxecta unha liña de traballo con eTwinning. | No curso 2020/2021 lanzouse dentro do Plan Proxecta unha liña de traballo con eTwinning. | ||
− | O Plan Proxecta | + | O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial |
O profesorado interesado en levar a cabo un proxecto que teña por tema o patrimonio cultural material ou inmaterial, podería participar na próxima convocatoria do Plan Proxecta na modalidade Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning pertencente a Educación patrimonial. Deste xeito, cun proxecto de calidade, obtería a certificación como innovación educativa. | O profesorado interesado en levar a cabo un proxecto que teña por tema o patrimonio cultural material ou inmaterial, podería participar na próxima convocatoria do Plan Proxecta na modalidade Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning pertencente a Educación patrimonial. Deste xeito, cun proxecto de calidade, obtería a certificación como innovación educativa. | ||
* [https://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta O Plan Proxecta] | * [https://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta O Plan Proxecta] |
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2021 ás 10:07
Índice
Recoñecemento como horas de formación en Galicia
A Consellería de Educación regulou no ano 2016 o recoñecemento da participación dos docentes en proxectos europeos. O profesorado participante en proxectos eTwinning pode solicitar o recoñecemento como horas de formación permanente do profesorado xuntando certificación segundo o anexo V que aparece na Resolución, ao que deberá anexar unha memoria da actividade que inclúa relación de obxectivos que ten que acadar e evidencias que sustenten o proxecto. Os proxectos que acrediten que teñen recibido o selo de calidade nacional ou europeo estarán exentos da entrega da memoria da actividade. Certifícanse entre 10 e 40 horas según a duración do proxecto e atendendo á cualidade de socio fundador ou ben anexado.
Recoñecemento como horas de innovación en Galicia
No curso 2020/2021 lanzouse dentro do Plan Proxecta unha liña de traballo con eTwinning. O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial O profesorado interesado en levar a cabo un proxecto que teña por tema o patrimonio cultural material ou inmaterial, podería participar na próxima convocatoria do Plan Proxecta na modalidade Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning pertencente a Educación patrimonial. Deste xeito, cun proxecto de calidade, obtería a certificación como innovación educativa.
Os selos de calidade
Os Selos de Calidade eTwinning entréganse como recoñecemento ao traballo dos docentes en proxectos que alcanzaron uns niveis determinados de calidade. A calidade dun proxecto non se basea na súa complexidade, nin na súa duración, nin na sofisticación das ferramentas usadas. Hai proxectos que recibiron este galardón, uns de dous anos e outros de dous meses; con dous socios e con dez; con ferramentas novas e con ferramentas coñecidas e sinxelas.
O proxecto é avaliado segundo cinco criterios de calidade:
- Innovación pedagóxica e creatividade.
- Integración curricular.
- Colaboración entre centros escolares asociados-
- Uso da tecnoloxía.
- Resultados, impacto e documentación.
Os criterios de calidade son comúns a todos os países participantes en eTwinning. Estes criterios pretenden ser unha guía para os docentes á hora de planificar os seus proxectos.
A continuación, compartimos ligazóns a artigos do SNA español sobre os criterios de calidade e sobre a grela de avaliación de selo de calidade.
- Artigo sobre a obtención do Selo de Calidade Nacional
- Grela de avaliación do Selo de Calidade Nacional
- Vídeo sobre criterios de calidade
Selo de Calidade Nacional
Outorgado polo Servizo Nacional de Apoio de cada país. En España, actualmente, poden ser solicitados e entregados ao longo de calquera momento do ano. Os proxectos que se presentan deben cumprir estes requisitos:
- Os obxectivos e o plan de traballo debe ser común a todos os socios e socias do proxecto.
- O proxecto ten que estar terminado ou en vías de finalización.
- O/A docente solicitante do selo debe ter unha participación activa no proxecto.
- Debe detectarse un certo grao de colaboración entre socios que debe estar documentado.
- Deben facerse visibles os resultados do proxecto.
A solicitude do Selo de Calidade faise no eTwinning Live, na sección Proxectos. Debe solicitalo individualmente cada participante.
Selo de Calidade Europeo
O Selo de Calidade Europeo é un recoñecemento que se outorga de oficio se:
- Polo menos dous socios de diferentes países recibiron o Selo de Calidade Nacional e
- Foron propostos para o Selo de Calidade Europeo polo menos por un SNA.
Se ben non é necesario solicitalo, no caso de que esteas interesado en optar a él, tes que estar atento ou atenta a solicitar o Selo de calidade Nacional antes dunha data (normalmente nos primeiros días de xullo) que publica cada ano o SNA.
Premios Nacionais
Cada ano publícase a convocatoria dos Premios Nacionais eTwinning. A convocatoria recolle diferentes categorías. Os requisitos para presentarse son:
- Ter recibido Selo de Calidade Nacional pola realización dun proxecto internacional (alomenos un socio ou socia extranxeiro).
- Que o proxecto polo que se solicita tivese actividade no curso escolar anterior ao ano da convocatoria.
- Que o proxecto non tivese recibido Premio Nacional con anterioridade.
A convocatoria é pubicada polo Ministerio de Educación e a solictude se realiza de modo telemático na súa sede electrónica. Se queres manterte ao tanto das convocatorias, podes subcribirte ao boletíns do SNA
- Aquí podes ver información sobre a convocatoria do ano 2021
- Aquí está publicada a convocatoria do ano 2021
Premios europeos
Os Premios Europeos son en eTwinning o recoñecemento máis importante dun proxecto. Cada ano publícase a convocatoria dos Premios Europeos eTwinning. A convocatoria recolle diferentes categorías. Os requisitos para presentarse son:
- Ter recibido Selo de Calidade Europeo.
- Ter estado activos no ano anterior á súa candidatura.
A solicitude se leva a cabo no escritorio de eTwinning Live.
Este artigo do Servizo Central Europeo recolle información sobre o tema: