Repositorios de recursos libres

De Formación - eTwinning Galicia
Revisión feita o 28 de agosto de 2021 ás 10:01 por Susana (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A propiedade intelectual é un ben económico e cultural recoñecido por leis específicas na maior parte dos países. Á hora de empregar recursos que non son propios cómpre ter en conta as recomendacións de atribución desta propiedade intelectual, de cara a que o noso esforzo recoñeza, tamén, as inspiracións de que partimos e o traballo doutros autores no que nos baseamos. Convén, nese sentido, que consultes esta guía do CAFI sobre Atribución da propiedade intelectual.

School Education Gateway, no artigo Pero es para mis estudiantes, ¿puedo compartirlo?, presenta unha reflexión sobre a importancia da atribución da propiedade, á vez que serve de sinxelo manual sobre os dereitos de autor.

Tamén o Ministerio de Educación ten publicada unha Guía Práctica de Licencias de Uso para Docentes, que fai un percorrido pedagóxico polo tema, orientando na busca, selección e uso de recursos libres de dereitos.

Creative Commons, na súa web, ofrece unha descrición sobre as licencias existentes e unha ferramenta para elaboralas sobre aqueles traballos de autoría propia que queremos compartir na rede, todo baixo as actuais leis de propiedade intelectual, identificando aqueles materiais que poden ser copiados, distribuídos, editados e desenvolvidos de xeito legal.


Como resumo, podemos recordarche que:

• Sempre que sexa posible, utiliza contidos propios aloxados en repositorios dixitais. Para isto será importante que empregues as licencias CC e as insertes nas túas elaboracións.

• Se utilizas algún recurso que non sexa teu, procura que quede referenciado ese documento (texto, web, multimedia...) e, por suposto, dispoña dalgunha licencia que che permita o uso: Dominio público, CC BY, CC BY – NC, CC BY – NC – SA, e non esquezas citar a autoría.

• Todos os documentos utilizados deben ser citados e referenciados. Para elaborar estas citas e referencias, os propios procesadores de texto dispoñen dunha ferramenta. En caso de que teñas dúbidas, sempre podes recorrer ao manual de citas da APA, que vén de publicar a sétima edición. Aquí poderás resolver como citar correctamente calquera tipo de documento empregado (libro, web, vídeo, revista...)


Coa intención de facilitar a procura de materiais libres de dereitos, compartimos aquí unha serie de ligazóns a bancos de recursos (espazos web que permiten atopar, organizados por distintos criterios, materiais de diversa índole para acompañar o ensino e a aprendizaxe) que contan cun buscador para satisfacer as necesidades coas que accedemos a eles.


LIGAZÓN Á WEB RECURSOS QUE CONTÉN
Pixabay Imaxes, vídeos, música
Open Clip Art gallery Ilustracións
Banco de imaxes e sons do INTEF Imaxes, sons, ilustracións, gifs
Adobe Stock Imaxes, audio, plantillas, 3D, vídeo
Little Visual Imaxes
Freepik Ilustracións, imaxes
Free music project Efectos de son
Envato elements Efectos e música con efectos de son
Free sound Efectos de son
Ben sound Música
Partnersinrhyme Música e efectos de son
Giphy Gifs animados
Mazwai Vídeos
Clip Canvas Vídeos