Diferenzas entre revisións de "TwinSpace"
(→Perfil no Twinspace) |
(→Páxinas) |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
== Páxinas == | == Páxinas == | ||
+ | |||
+ | As páxinas do Twinspace permítennos publicar e facer visibles as tarefas e actividades que imos desenvolvendo no noso proxecto. | ||
+ | |||
+ | Nas páxinas podemos incluír: | ||
+ | |||
+ | *'''Contidos''': texto, imaxes e vídeos. | ||
+ | *'''Un TwinBoard''': un taboleiro interactivo para publicar texto e imaxes ou incrustar vídeos. | ||
+ | *'''Unha enquisa''': para sondar opinións sobre un tema en particular ou para acordar o mellor momento para celebrar unha reunión, por exemplo. | ||
+ | *'''Un debate''' :na parte inferior da páxina, podemos crear unha conversación e vinculala aos foros. Ao facelo, ábrese directamente unha conversación na área de foros do TwinSpace, que queda enlazada á páxina. | ||
== Materiais: imaxes, vídeos e documentos == | == Materiais: imaxes, vídeos e documentos == |
Revisión como estaba o 28 de agosto de 2019 ás 20:06
Índice
- 1 Introdución
- 2 Páxina de inicio do Twinspace
- 3 Axuda
- 4 Perfil no Twinspace
- 5 Páxinas
- 6 Materiais: imaxes, vídeos e documentos
- 7 Foros
- 8 Reunións en liña
- 9 Uso do chat
- 10 Membros
- 11 Personalizar o Twinspace
- 12 Tablón de docentes
- 13 Twinmail
- 14 Mensaxería instantánea
- 15 Notificacións
- 16 Últimas novidades
- 17 Máis información
- 18 Fontes
- 19 Licenza
Introdución
A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:
- Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
- eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
- TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.
A continuación, presentamos unha serie de tutoriais breves sobre moitas das funcionalidades e ferramentas do TwinSpace. Podes lelos todos ou acudir a eles conforme os precisares. Tamén tes á túa disposición todos os artigos publicados polo Servizo Nacional de Apoio sobre o TwinSpace.
Páxina de inicio do Twinspace
A páxina inicial do Twinspace contén información e actualizacións do proxecto, que se van rexistrando automaticamente.
Na parte superior atopamos, de esquerda a dereita, unha icona que nos permite o acceso directo a outras seccións de eTwinning e un botón despregable para cambiar o idioma. (Figura 1)
Desde esta páxina de inicio é posible acceder a unha serie de accións que estudiaremos noutros apartados máis adiante: (Figura 2)
- Sección de axuda.
- Xestión do perfil no Twinspace.
- Xestión de páxinas.
- Xestión de materiais: imaxes, vídeos e documentos.
- Xestión de foros.
- Xestión de reunións en liña.
- Xestión de membros.
Agora, imos prestar atención, de arriba abaixo na imaxe, ás seguintes funcións: (Figura 3)
- Personalizar o Twinspace.
- Publicar no Taboleiro de docentes.
- Ver os membros en liña e acceder á mensaxería instantánea.
- Publicar, dar "gústame" ou comentar en Últimas novidades, o Diario de proxecto.
- Entrar á sala de chat.
- Organizar unha reunión en liña.
- Abrir un debate no foro.
Axuda
Na sección de Axuda atoparemos información moi útil sobre as distintas seccións do Twinspace.
Aquí tamén están recollidas instrucións sobre o uso adecuado de imaxes, protección de datos, especificacións técnicas e de seguridade.
Perfil no Twinspace
O perfil recolle a información sobre ti que ve o resto de persoas que comparten contigo o Twinspace do voso proxecto.
Esta páxina é distinta do perfil de eTwinning Live porque soamente é visible para os membros do teu proxecto.
Para modificar o teu perfil:
- Pulsa na primeira icona na parte superior dereita.
- Pulsa abaixo á esquerda en Modificar o perfil. (Figura 4)
- Na pantalla que aparece poderás cambiar a imaxe e descrición do teu perfil de Twinspace. (Figura 5)
Os perfís no Twinspace son de cinco tipos diferentes:
- Profesor administrador
- Profesor membro
- Alumno administrador
- Alumno
- Visitante
Cada un destes perfís ten permisos diferentes. Neste artigo do portal nacional atoparás unhas táboas moi útiles que recollen esa información.
Páxinas
As páxinas do Twinspace permítennos publicar e facer visibles as tarefas e actividades que imos desenvolvendo no noso proxecto.
Nas páxinas podemos incluír:
- Contidos: texto, imaxes e vídeos.
- Un TwinBoard: un taboleiro interactivo para publicar texto e imaxes ou incrustar vídeos.
- Unha enquisa: para sondar opinións sobre un tema en particular ou para acordar o mellor momento para celebrar unha reunión, por exemplo.
- Un debate :na parte inferior da páxina, podemos crear unha conversación e vinculala aos foros. Ao facelo, ábrese directamente unha conversación na área de foros do TwinSpace, que queda enlazada á páxina.
Materiais: imaxes, vídeos e documentos
Foros
Reunións en liña
Uso do chat
Membros
Personalizar o Twinspace
Tablón de docentes
Twinmail
Mensaxería instantánea
Notificacións
Últimas novidades
Máis información
Fontes
- Embaixada eTwinning Galicia
- Servizo Nacional de Apoio eTwinning España - INTEF
- Servizo Central de Apoio eTwinning
Licenza
Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).
Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0