TwinSpace

De Formación - eTwinning Galicia
Revisión feita o 28 de agosto de 2019 ás 14:23 por Carmen (Conversa | contribucións) (Perfil no Twinspace)


Introdución

A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:

  • Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
  • eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
  • TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.

A continuación, presentamos unha serie de tutoriais breves sobre moitas das funcionalidades e ferramentas do TwinSpace. Podes lelos todos ou acudir a eles conforme os precisares. Tamén tes á túa disposición todos os artigos publicados polo Servizo Nacional de Apoio sobre o TwinSpace.

Páxina de inicio do Twinspace

A páxina inicial do Twinspace contén información e actualizacións do proxecto, que se van rexistrando automaticamente.

Na parte superior atopamos, de esquerda a dereita, unha icona que nos permite o acceso directo a outras seccións de eTwinning e un botón despregable para cambiar o idioma. (Figura1)

Desde esta páxina de inicio é posible acceder a unha serie de accións que estudiaremos noutros apartados máis adiante: (Figura2)

  • Sección de axuda.
  • Xestión do perfil no Twinspace.
  • Xestión de páxinas.
  • Xestión de materiais: imaxes, vídeos e documentos.
  • Xestión de foros.
  • Xestión de reunións en liña.
  • Xestión de membros.

Agora, imos prestar atención, de arriba abaixo na imaxe, ás seguintes funcións: (Figura3)

  • Personalizar o Twinspace.
  • Publicar no Taboleiro de docentes.
  • Ver os membros en liña e acceder á mensaxería instantánea.
  • Publicar, dar "gústame" ou comentar en Últimas novidades, o Diario de proxecto.
  • Entrar á sala de chat.
  • Organizar unha reunión en liña.
  • Abrir un debate no foro.

Xestión do perfil no Twinspace

Crear páxinas

Crear subpáxinas

Xestión de páxinas

Inserir contido nunha páxina

Inserir ferramentas 2.0 nunha páxina

Engadir unha enquisa a unha páxina

Debate de páxina

Twinboard

Materiais: imaxes

Materiais: vídeos

Materiais: documentos

Foros

Crear e arquivar un foro

Reunións en liña

Uso do chat

Crear un evento en liña: videoconferencia

Gravar un evento en liña e recuperalo

Invitar alumnado ao Twinspace

Cambiar perfil/función do alumnado

Invitar un visitante ao Twinspace

Últimas novidades

Tablón de docentes

Twinmail

Mensaxería instantánea

Notificacións

Personalizar o Twinspace

Máis información

Fontes


Licenza

Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0