TwinSpace
Índice
- 1 Introdución
- 2 Páxina de inicio do Twinspace
- 3 Perfil no Twinspace
- 4 Xestión de páxinas
- 5 Xestión de materiais: imaxes, vídeos e documentos
- 6 Xestión de páxinas
- 7 Inserir contido nunha páxina
- 8 Inserir ferramentas 2.0 nunha páxina
- 9 Engadir unha enquisa a unha páxina
- 10 Debate de páxina
- 11 Twinboard
- 12 Materiais: imaxes
- 13 Materiais: vídeos
- 14 Materiais: documentos
- 15 Foros
- 16 Crear e arquivar un foro
- 17 Reunións en liña
- 18 Uso do chat
- 19 Crear un evento en liña: videoconferencia
- 20 Gravar un evento en liña e recuperalo
- 21 Invitar alumnado ao Twinspace
- 22 Cambiar perfil/función do alumnado
- 23 Invitar un visitante ao Twinspace
- 24 Últimas novidades
- 25 Tablón de docentes
- 26 Twinmail
- 27 Mensaxería instantánea
- 28 Notificacións
- 29 Personalizar o Twinspace
- 30 Máis información
- 31 Fontes
- 32 Licenza
Introdución
A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:
- Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
- eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
- TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.
A continuación, presentamos unha serie de tutoriais breves sobre moitas das funcionalidades e ferramentas do TwinSpace. Podes lelos todos ou acudir a eles conforme os precisares. Tamén tes á túa disposición todos os artigos publicados polo Servizo Nacional de Apoio sobre o TwinSpace.
Páxina de inicio do Twinspace
A páxina inicial do Twinspace contén información e actualizacións do proxecto, que se van rexistrando automaticamente.
Na parte superior atopamos, de esquerda a dereita, unha icona que nos permite o acceso directo a outras seccións de eTwinning e un botón despregable para cambiar o idioma. (Figura1)
Desde esta páxina de inicio é posible acceder a unha serie de accións que estudiaremos noutros apartados máis adiante: (Figura2)
- Sección de axuda.
- Xestión do perfil no Twinspace.
- Xestión de páxinas.
- Xestión de materiais: imaxes, vídeos e documentos.
- Xestión de foros.
- Xestión de reunións en liña.
- Xestión de membros.
Agora, imos prestar atención, de arriba abaixo na imaxe, ás seguintes funcións: (Figura3)
- Personalizar o Twinspace.
- Publicar no Taboleiro de docentes.
- Ver os membros en liña e acceder á mensaxería instantánea.
- Publicar, dar "gústame" ou comentar en Últimas novidades, o Diario de proxecto.
- Entrar á sala de chat.
- Organizar unha reunión en liña.
- Abrir un debate no foro.
Perfil no Twinspace
Xestión de páxinas
Xestión de materiais: imaxes, vídeos e documentos
Xestión de páxinas
Inserir contido nunha páxina
Inserir ferramentas 2.0 nunha páxina
Engadir unha enquisa a unha páxina
Debate de páxina
Twinboard
Materiais: imaxes
Materiais: vídeos
Materiais: documentos
Foros
Crear e arquivar un foro
Reunións en liña
Uso do chat
Crear un evento en liña: videoconferencia
Gravar un evento en liña e recuperalo
Invitar alumnado ao Twinspace
Cambiar perfil/función do alumnado
Invitar un visitante ao Twinspace
Últimas novidades
Tablón de docentes
Twinmail
Mensaxería instantánea
Notificacións
Personalizar o Twinspace
Máis información
Fontes
- Embaixada eTwinning Galicia
- Servizo Nacional de Apoio eTwinning España - INTEF
- Servizo Central de Apoio eTwinning
Licenza
Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).
Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0