Diferenzas entre revisións de "TwinSpace"

De Formación - eTwinning Galicia
m (Perfil no Twinspace)
m (Páxina de inicio do Twinspace)
Liña 32: Liña 32:
  
 
[[Arquivo:Figura3.png|thumb|dereita|200px|Páxina inicial]]
 
[[Arquivo:Figura3.png|thumb|dereita|200px|Páxina inicial]]
Agora, imos prestar atención, de arriba abaixo na imaxe, ás seguintes funcións: (Figura 3)
+
Agora, imos prestar atención, de arriba abaixo na imaxe, ás seguintes funcións:
  
 
*Personalizar o TwinSpace.
 
*Personalizar o TwinSpace.

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2019 ás 17:42


Introdución

A plataforma eTwinning organízase en tres niveis distintos, de forma case idéntica a un centro escolar. Este tres niveis caracterízanse polas ferramentas e polas posibilidades que ofrecen, así como polo tipo de acceso e privacidade. De forma esquemática, son:

  • Os portais nacional e europeo www.etwinning.es e www.etwinning.net. Son de acceso público, como o edificio dun centro. Calquera pode entrar e ver a información que proporcionan. Neles, podemos consultar datos de participación, noticias, proxectos destacados, axuda e contacto.
  • eTwinning Live live.etwinning.net: a sala de profes de eTwinning. Un espazo de acceso privado, no que só hai docentes. É o lugar onde podemos contactar e coñecer outros colegas, participar en actividades de desenvolvemento profesional e intercambiar ideas. Terás acceso a el en canto te rexistres en eTwinning.
  • TwinSpace twinspace.etwinning.net: é a aula virtual onde docentes e estudantes se reúnen para traballar nun proxecto concreto (compartir información, desenvolver actividades conxuntas e finalmente, publicar os resultados). Créase un TwinSpace para cada proxecto existente, así que non poderás acceder a el até rexistrares o primeiro proxecto. É unha contorna segura de acceso restrinxido: só poden entrar aquelas persoas (profes, estudantes, visitantes) convidadas directamente polo profesorado e só se van mostrar os contidos que decidan publicar.

A continuación, presentamos unha serie de tutoriais breves sobre moitas das funcionalidades e ferramentas do TwinSpace. Podes lelos todos ou acudir a eles conforme os precisares. Tamén tes á túa disposición todos os artigos publicados polo Servizo Nacional de Apoio sobre o TwinSpace.

Páxina de inicio do Twinspace

Cambio de idioma

A páxina inicial do Twinspace contén información e actualizacións do proxecto, que se van rexistrando automaticamente.

Na parte superior atopamos, de esquerda a dereita, unha icona que nos permite o acceso directo a outras seccións de eTwinning e un botón despregable para cambiar o idioma.

Separadores

Desde esta páxina de inicio é posible acceder a unha serie de accións que estudaremos noutros apartados máis adiante:

  • Sección de axuda.
  • Xestión do perfil no Twinspace.
  • Xestión de páxinas.
  • Xestión de materiais: imaxes, vídeos e documentos.
  • Xestión de foros.
  • Xestión de reunións en liña.
  • Xestión de membros.


Páxina inicial

Agora, imos prestar atención, de arriba abaixo na imaxe, ás seguintes funcións:

  • Personalizar o TwinSpace.
  • Publicar no Taboleiro de docentes.
  • Ver os membros en liña e acceder á mensaxería instantánea.
  • Publicar, dar "gústame" ou comentar en Últimas novidades, o Diario de proxecto.
  • Entrar á sala de chat.
  • Organizar unha reunión en liña.
  • Abrir un debate no foro.

Axuda

Na sección de Axuda atoparemos información moi útil sobre as distintas seccións do Twinspace.

Aquí tamén están recollidas instrucións sobre o uso adecuado de imaxes, protección de datos, especificacións técnicas e de seguridade.

Perfil no TwinSpace

Editar o perfil (1)

O perfil recolle a información sobre ti que ve o resto de persoas que comparten contigo o TwinSpace do voso proxecto.

Esta páxina é distinta do perfil de eTwinning Live porque soamente é visible para os membros do teu proxecto.

Para modificar o teu perfil:

  • Pulsa na primeira icona na parte superior dereita.
  • Pulsa abaixo á esquerda en Modificar o perfil.
Editar o perfil (2)
  • Na pantalla que aparece poderás cambiar a imaxe e descrición do teu perfil de TwinSpace. (Figura 5)

Os perfís no TwinSpace son de cinco tipos diferentes:

  • Profesor administrador
  • Profesor membro
  • Alumno administrador
  • Alumno
  • Visitante

Máis adiante, na sección de Membros, falaremos destes diferentes perfís.

Cada un destes perfís ten permisos diferentes. Neste artigo do portal nacional atoparás unhas táboas moi útiles que recollen esa información.

Páxinas

As páxinas do Twinspace permítennos publicar e facer visibles as tarefas e actividades que imos desenvolvendo no noso proxecto.

Nas páxinas podemos incluír:

  • Contidos: texto, imaxes e vídeos.
  • Un TwinBoard: un taboleiro interactivo para publicar texto e imaxes ou incrustar vídeos.
  • Unha enquisa: para sondar opinións sobre un tema en particular normalmente relacionado cos contidos da páxina.
  • Un debate: na parte inferior da páxina, podemos crear unha conversación e vinculala aos foros. Ao facelo, ábrese directamente unha conversación na área de foros do TwinSpace, que queda enlazada á páxina.

Materiais: imaxes, vídeos e documentos

Foros

Reunións en liña

Uso do chat

Membros

Personalizar o Twinspace

Tablón de docentes

Twinmail

Mensaxería instantánea

Notificacións

Últimas novidades

Máis información

Fontes


Licenza

Por Marcos Vence Ruibal e Carmen Fernández Vázquez (Embaixada eTwinning Galicia) a partir dunha obra de Javier Ramos Sancha e Julián Sánz Mamolar (INTEF).

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0